Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Entregamos os premios de escaparatismo de Nadal...

Compartir:

Entregamos os premios de escaparatismo de Nadal Concello de Carballo e #semecachaDESCóntovos de fotografía

Miriñaque acadou os 1.000 euros para o mellor expositor e Lorena Eirís o lote de produtos de Laura Tova máis un vale desconto en Adrián Boutique

Entrega de premios #semecachaDESCóntovos e escaparatismo

Ferrero e Regueira, cos gañadores

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xose Regueira, entregaron os galardóns aos gañadores dos concursos promovidos polo Concello durante o Nadal 2016. No certame de escaparatismo venceu o establecemento Miriñaque (1.000 euros), seguido por Atelier (500 euros), O armario de Pati (250 euros) e Poppy (250 euros). O premio de fotografía #semecachaDEScóntovos foi para Lorena Eirís, que leva un lote de produtos de Laura Tova e un vale desconto de 200 euros a trocar na tenda onde fixo a súa compra durante a campaña, Adrián Boutique.

As comerciantes valoraron moi positivamente a campaña e actividades como a animación de Galeatro polas tendas

Ferrero e Regueira salientaron o gran nivel xeral acadado na decoración de expositores tanto dos premiados como de todos os participantes, 28 nesta edición.
As comerciantes mostráronse satisfeitas pola favorable repercusión da campaña, pero non só nas ventas: actividades como a de animación de Galeatro polos locais adscritos levaron un agradable ambiente as tendas e moitos sorrisos aos clientes.
Alcalde e concelleiro escoitaron tamén as propostas das comerciantes para que a promoción #semecachaDEScóntovos siga medrando e mellorando, e acordaron sumar esforzos con ese obxectivo.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica