Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Forúm acolle en xaneiro o III Curso de Cociña...

Compartir:

O Forúm acolle en xaneiro o III Curso de Cociña Saudable para profesionais do sector hostaleiro

Ofrece unha programación de 15 horas de clases de alimentación e nutrición case exclusivamente prácticas

Xosé Regueira e Evencio Ferrero pechan unha edición anterior do Curso de Cociña Saudable

Xosé Regueira e Evencio Ferrero pechan unha edición anterior do Curso de Cociña Saudable

Co obxectivo de seguir ofrecendo ao sector da hostalería e da restauración unha formación continua, de calidade e de balde, o Concello de Carballo, a través da Concellaría de Promoción Económica e Turismo, oferta a terceira edición do Curso de Cociña Saudable. Impartirase nas instalacións do Fórum, nun programa de 15 horas (tres diarias) de clases case exclusivamente prácticas, repartidas entre o 16, 18, 23, 25 e 30 de xaneiro, de 16.30 a 19.30.  As prazas, limitadas, reservaranse por orde de inscrición, prazo que rematará o xoves 12 deste mes. Os interesados deben cubrir o formulario online que aparece ao final desta páxina.

A docente é Noa Vázquez Rendal, licenciada en Bioloxía e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos

A docente do curso é Noa Vázquez Rendal, asesora nutricional, licenciada en Bioloxía e en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, máster en medicina natural e experta en nutrición aplicada e nutrición ortomolecular. Rendal ofrecerá aos profesionais ferramentas eficaces para desenvolver menús saudables para o consumidor xeral, para os grupos de poboación con algunha enfermidade (celíacos, diabéticos, intolerantes á lactosa, hipertensos,...) e tamén aptos para os vexetarianos e veganos.
Outro dos obxectivos das clases é o de Incrementar a oferta gastronómica dos locais mediante a introdución de menús saudables, ofrecendo así variedade e atractivo sensorial, ademais de alimentación nutricionalmente equilibrada para manter a saúde dos clientes.

Programa

  • 16 de xaneiro (de 16.30 a 19.30 horas). Práctica na cociña: menús para unha alimentación saudable.
  • 18 de xaneiro (de 16.30 a 19.30). Práctica na cociña: menús vexetarianos e veganos.
  • 23 de xaneiro (de 16.30 a 19.30 horas). Práctica na cociña: menús para intolerancias á lactosa e ao glute.
  • 25 de xaneiro (de 16.30 a 19.30 horas). Práctica na cociña: sobremesas saudables.
  • 30 de xaneiro (de 16.30 a 19.30 horas). Práctica na cociña. menús saudables.


Ligazóns

Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica