Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo é mar, o novo programa de dinamización...

Compartir:

Carballo é mar, o novo programa de dinamización do noso litoral

Estará financiado, nun 80 por cento, polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca da Unión Europea

Praia de Razo

Praia de Razo

Carballo ten mar. O litoral é un dos valores máis prezados do patrimonio natural do noso Concello: un Lugar de Importancia Comunitaria de 5 quilómetros para gozar e protexer. Para dar pulo a eses valores, desenvolvemos desde este mes, ata setembro de 2017, ‘Carballo é mar’, un novo proxecto de promoción das nosas costas que continúa outros dous programas de dinamización anteriores: ‘Carballo sendas do mar’ e ‘Carballo mirando ao mar’. Como estes, estará financiado, nun 80 por cento, polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca da Unión Europea, tamén a través do Crupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte.

Trátase dun proxecto de divulgación dos valores e da historia do LIC Razo-Baldaio

Estamos ante un proxecto de divulgación dos valores e da historia do LIC Razo-Baldaio, partindo da convicción de que, para acadar unha implicación total da sociedade na protección, conservación e valores do LIC, debemos traballar na necesidade de que se coñeza e se aprecie esa historia do mar e a das xentes que se relacionaron con el. Pretendemos tamén que o programa sirva como soporte de partida para outras accións que fagan do turismo un motor de desenvolvemento local na área costeira de Carballo e, por extensión, de todo o termo municipal.

Lagoa de Baldaio

Lagoa de Baldaio

Catro son as principais actividades obxecto do programa. En primeiro lugar, a documentación, edición e publicación da historia dos naufraxios no litoral carballés, nun libro que se titulará Contos Mariños de Carballo. Buscamos acabar coa percepción de que Carballo non ten litoral, e farémolo cunha obra que documentará a historia dos naufraxios nas nosas costas e que queremos que sexa tamén unha guía da historia oficial, mais tamén lendaria e mitolóxica, mesmo da que se conserva na tradición oral das xentes da nosa costa.
En segundo lugar, elaboraremos contidos dixitais da obra anterior para as redes sociais Facebook, Instagram, Twitter e Flirck de ‘Carballo, mirando ao mar’. Xestionaremos esas redes e unha páxina web relacionada co proxecto. E recompilaremos unha base de fotografías antigas relacionadas coas poboacións, a vida e os traballos no litoral de Carballo.
En terceiro lugar, editaremos dúas unidades didácticas sobre o litoral carballés para os CEIP de os IES do concello.
Por último, programaremos talleres de oportunidades laborais relacionados cos valores específicos do patrimonio cultural e natural do litoral carballés, respectando a sustentabilidade ambiental como elemento fundamental.
En terceiro lugar, editaremos dúas unidades didácticas sobre o litoral carballés para os CEIP e os IES do concello.
Por último, programaremos talleres de oportunidades laborais relacionados cos valores específicos do patrimonio cultural e natural do litoral carballés, respectando a sustentabilidade ambiental como elemento fundamental.

Banner logos promotores Carballo é mar

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica