Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volven a campaña SemecachaDEScóntovos e o rato...

Compartir:

Volven a campaña SemecachaDEScóntovos e o rato máis espléndido do comercio local

Participan 63 tendas máis outros 20 negocios de hostería co selo Q de calidade turística de Carballo

Presentación da campaña SemecachaDEScóntovos 2016

Presentación da campaña SemecachaDEScóntovos 2016

O rato máis espléndido da Navidade volve a agocharse desde o 16 de decembro ata o 5 de xaneiro para facer máis atractivas as compras no pequeno comercio local e recuperar fidelidade con ofertas de calidade. O éxito da pasada edición de SemecachaDEScóntovos reflíctese no número de tendas participantes, 63, ás que este ano sumáronse outros 20 negocios de hostería co selo Q de calidade turística de Carballo.

O rasca agocha descontos, regalos e experiencias turísticas e gastronómicas

Por cada compra superior a 30 euros, en calquera das tiendas adheridas á campaña, o cliente recibirá como regalo unha tarxeta ilustrada pola diseñadora Laura Tova. No reverso do cartón haberá un rasca que agocha unha morea de premios: descontos do 10 ou o 15 por cento, chapas, mochilas, cadernos, o CD O soño da avelaíña, de Son Carballo, e, novidade este ano, experiencias como baños termais no Balneario de Carballo e almorzos, xantares e ceas en restaurantes da vila. Os menos afortunados que coleccionen as seis tarxetas da promoción diferentes terán un agasallo moito máis que de consolación: unha fermosa historia en viñetas. Outro dos atractivos da campaña é o concurso de escaparates, no que participan 28 tendas.

Tamén son novidade as xornadas de animación que a compañía teatral Galeatro ofrecerá polas rúa e comercios: o día 16 de decembro, entre as 18.00 e as 19.30 horas; o 17 de decembro, de 11.00 a 12.00 e de 17.00 a 18.00; o 23 de decembro, de 16.45 a 18.15; o 24 de decembro, de 11.00 a 12.00 e de 17.00 a 18.00; o 30 de decembro, de 17.30 a 19.00; e o 5 de xaneiro, de 11.00 a 12.00.

Concurso de fotografía en Facebook

Facebook SemecachaDEScóntvos 2016

Facebook SemecachaDEScóntvos 2016

SemecachaDEScóntovos regala este ano aínda máis premios, os do seu concurso de fotografía. Para participar hai que subir a internet, a través de Facebook Turismo Carballo, unha foto tomada nalgún dos comercios que colaboran na campaña. Ademais do local, terá que verse algún elemento identificativo da promoción, como o cartel, o díptico ou o rato. As fotos quedarán rexistradas nunha galería, onde poderán votar por elas os visitantes de Facebook Turismo Carballo. Gañará a foto máis votada. O premio, un lote de produtos de Laura Tova e un vale desconto do 50 por cento (ata un máximo de 300 euros e que caducará o 31 de marzo de 2017) en compras realizadas na tenda da fotografía premiada. O prazo para subir fotos ou votar tamén vai do 16 de decembro ao 5 de xaneiro.

Comercios participantes

Comercios participantes no SemecachaDEScóntovos 2016

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica