Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Cinema, roteiros, faladoiros, teatro, moita música e mesmo vodas na última fin de semana do mes de novembro: variedade de citas en Carballo!

VENRES

Fran Rei

Fran Rei

DAC Outono Cultural: teatro para escolares. Pazo da Cultura. 10.00 e 12.30 h. Actuacións de teatro enmarcadas no programa DAC Outono Cultural da Deputación da Coruña. A primeira sesión está dirixida a alumnado de 5º de Educación Primaria e terá lugar ás 10.30 horas con "O conto de Barriga Verde"; a segunda é para alumnado de 3º de ESO e será con "Retrincos de Castelao". As dúas actuacións corren a cargo de CulturActiva con Fran Rei e Isabel Risco. Nela participan todos os Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do Concello de Carballo, así como todos os Institutos de Ensino Secundario (IES). De balde.

Concerto "Invención" con Odaiko. Pazo da Cultura. 19.00 h. Odaiko ofrece un divertido concerto teatralizado de virtuosos percusionistas dirixido a público infantil, pero tamén adulto. Odaiko está integrado por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións. Para coñecer as súas orixes hai que remontarse ao ano 2002 e á Holanda, sendo no 2004 cando sacan á luz o seu primeiro proxecto na cidade de Ourense, onde sempre se aplaudiron a estrea dos seus espectáculos. Entrada libre.

Director e intérpretes de Sicixia

Director e intérpretes de Sicixia

Estrea de "Sicixia" nos Multicines Bergantiños de Carballo. 21.00 h. Carballo acollea estrea de "Sicixia, un paseo polo amor e a Costa da Morte", a última longametraxe de Ignacio Vilar (director de "A Esmorga"), que terá lugar o venres, 25 de novembro nos Cines Bergantiños de Carballo ás 21.00 h. Previamente, ás 20.30 h. está previsto un fotocol con todos os protagonistas da fita, así como autoridades, ademais do propio director, Ignacio Vilar. Por outra banda, logo do pase convidarase aos espectadores a unha degustación "Mar da Costa da Morte" por cortesía do GALP Costa da Morte da man dos cociñeiros Iván Domínguez (Grupo Amicalia, Grupo Nove e Coruña Cociña), Javier Rey (Grupo Amicalia), Pedro Roca (Restaurante Pedro Roca) Miguel Silvarredonda e Tino Otero (Porto-Muíños), maridada con viño godello "A Coroa" D.O. Valdeorras. Entrada con convite.

SÁBADO E DOMINGO

Expo Voda

Expo Voda. 2º andar do Mercado Municipal. De 11.00 a 20.00 h. Se eres dos ou das que non atura iso de deixar as cousas para o último momento, se queres deixalo todo atado e ben atado o día da túa voda, da comuñón do fillo ou da filla, da túa "non-voda", ou de calquera celebración que se che ocorra non podes deixar de visitar o IV Salón Expo-Voda de Carballo. Fotógrafos, discotecas móbiles, coctelería, axencias de viaxe, animación, perruquería e maquillaxe, xoiería, moda de home, muller e nenos e nenas, fotomatóns, taxibodas, lugares de ensoño ou mesmo aseos portátiles! Todo o que podas imaxinar para festexar ese día tan especial estará dispoñible no segundo andar do Mercado Municipal o sábado 26 e o domingo 27 de novembro. Preto de 40 expositores (a maioría de Carballo, pero tamén de toda a contorna como de Ordes, A Coruña, Arteixo ou A Laracha) ofrecerán unha ampla variedade de produtos. Entrada: 2 euros.

SÁBADO

Coral de Bergantiños

Coral de Bergantiños

Faladoiro sobre violencia de xénero con Carmen Pose Amado. Pazo da Cultura. 12.00 h. A Asociación Cultural Lumieira súmase á conmemoración do 25 de novembro, "Dia Internacional contra a Violencia de xénero" cun faladoiro cunha invitada de excepción a xuíza Carmen Pose Amado. Será un café con charla coloquio cunha integrante da carreira xudicial con competencia en violencia de xénero. Entrada libre.

Concerto de Santa Cecilia. Pazo da Cultura. 21.00 h. Un ano máis o Novembro con Música ofrece o tradicional concerto de Santa Cecilia, organizada pola Coral Polifónica de Bergantiños coa colaboración do Concello de Carballo. Este ano, ademais da anfitrioa, tamén actúan dúas agrupacións convidadas, que son a Rondalla Estrelecer de Fene e a coral Xoan Mella de Baio. Así mesmo, actuará o Coro de Voces Brancas da Coral de Bergantiños. Entrada libre.

DOMINGO

Pitusa Semifusa

Outono en marcha. Ruta das Férvendas. Saída sede de Senda Nova. 8.15 h. Senda Nova volve a organizar un ano máis o programa de rutas Outono en Marcha que persegue potenciar o o noso patrimonio ambiental e cultural e dalo a coñecer a través dun programa de andainas. O domingo 27 de novembro remata o programa coa "Ruta das Férvedas". Transcorre polo Concello de Carballo, saíndo da Brea e terminando en Entrecruces. Caracterízase por dous saltos de auga de gran fermosura, a Férveda de Rus, no rego da Férveda, e a denominada Férveda de Entrecruces, na que o río Outón ten que salvar uns 50 metros de desnivel. A distancia é de 15 quilómetros. +info: 696 155 232 / <sendanova@hotmail.com>. Participación: 6 euros; 3 euros para socios/as.

Pitusa Semifusa

Concerto infantil Pitusa Semifusa. Pazo da Cultura. 18.00 h. Ven coñecer con Pitusa Semifusa os instrumentos da gran familia da música. E a cantar e bailar con ela. Coa rapaza máis cantareira que nunca houbo no mundo! Pitusa Semifusa é un Libro-CD infantil de Olga Brañas, nado no seo da colección Sonárbore da Editorial Galaxia. Sérgio Tannus encárgase da producción musical, e Leandro Lamas das ilustracións.  Para materializar o proxecto, preto de 40 dos mellores músicos do panorama galego poñen con moito cariño as notas nos pentagramas de Pitusa Semifusa. PARTICIPACIÓN: público familiar con nenos/as de 1-8 anos. É necesario recoller convite a partir do 16 de novembro, de balde, na Biblioteca Rego da Balsa (de 10.30 h a 20.30 h), na Ludoteca (de 17.00 h a 19.00 h) ou no Pazo da Cultura (de 10.00 h a 14.00 h). Máximo 4 convites por persoa.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica