Máis pazos e casas nobiliares
Casa Grande en Cances
No concello hai outros pazos e casas señoriais que hoxe en día son usadas como casas de labranza.
Están sen rehabilitar, son vivendas privadas e non teñen fins hostaleiros ou turísticos. Os escudos que aínda poden verse nas súas fachadas son a única pista que queda da grandeza do seu pasado nobre.
En Lema está a a casa dos Pardiñas, unha das familias nobres máis antigas da zona. Fíxate no escudo que poderás ver entre dúas das súas fiestras. É o mesmo que atoparás no Pazo de Vilar de Francos. E é que os Vilardefrancos teñen as súas raíces precisamente na familia Pardiñas.
A Casa Grande de Cances é unha antiga vivenda con capela propia. Da vivenda sobresaen un forno e unha chimenea de grandes dimensións.
A casa grande Casal de Perros, na parroquia de Rus, é representación da cultura medieval dos pazos. Na fachada principal hai un escudo labrado en pedra e de difícil interpretación, que está considerado Ben de Interese Cultural.
O pazo de Louride encóntrase no lugar de Casal, en Rus. No escudo que atoparás no lado esquerdo da fachada verás os símbolos dos Vilardefrancos, dos Pardiñas, dos Moscoso, dos Figueroa e dos Bermúdez de Castro.
A Casa Grande de Cances é unha antiga vivenda con capela propia. O recinto inclúe no seu interior un pombal cilíndrico e hórreo de cantería. Da vivenda sobresaen un forno e unha chimenea de grandes dimensións.