Celebras o teu casamento? Unha comuñón? Algunha celebración? Vén a Expo Voda!
O segundo andar do Mercado Municipal estará invadido de comida, traxes, bebida, moda e animación os días 26 e 27 de novembro
Se eres dos ou das que non atura iso de deixar as cousas para o último momento, se queres deixalo todo atado e ben atado o día da túa voda, da comuñón do fillo ou da filla, da túa "non-voda", ou de calquera celebración que se che ocorra non podes deixar de visitar o IV Salón Expo-Voda de Carballo. Fotógrafos, discotecas móbiles, coctelería, axencias de viaxe, animación, perruquería e maquillaxe, xoiería, moda de home, muller e nenos e nenas, fotomatóns, taxibodas, lugares de ensoño ou mesmo aseos portátiles! Todo o que podas imaxinar para festexar ese día tan especial estará dispoñible no segundo andar do Mercado Municipal o sábado 26 e o domingo 27 de novembro.
Preto de 40 expositores (a maioría de Carballo, pero tamén de toda a contorna como de Ordes, A Coruña, Arteixo ou A Laracha) ofrecerán unha ampla variedade de produtos. Ademais, está previsto que haxa actividades paralelas, como degustacións e outras citas que se irán ultimando nos próximos días. Como en anos anteriores, cobrarase unha entrada simbólica de 2€, mais todas as tendas e negocios participantes contarán con convites para repartir entre todas as persoas interesadas en participar para que ninguén dos que estades interesados en celebrar a vosa mellor festa quededes sen asistir.
Cambio de data
Expo Voda muda este ano para o Mercado Municipal non só pola súa localización, en pleno centro da vila, senón tamén porque ofrece unha ampla superficie útil para organizar os expositores o mellor posible. Así mesmo, a cita celébrase en novembro -cando tradicionalmente tiña lugar en febreiro- porque este ano cadraba co Entroido, en primeiro lugar; e tamén porque este tipo de citas organízase cada vez con maior antelación. Así poderedes telo todo absolutamente controlado!
Aquí tendes a listaxe de todos os participantes en Expo Voda: Isabelle Noivas, Aires de novia, Reneymar, Toño Villar Fotografía, Viajes Barral, Bodorrio (agasallos), Cocorotas (animación), Kyrie (noivas), Alonso moda, Marián Riestra Fotografía, Javier Alfonso Moda, Disco Andra, DMUSIK, Bicoca (moda home), Revela Estudio Fotográfico, Galicia catering coctel, Marta Iciar Varela (maquillaxe), Maiela, Marcos Rogríguez Fotografía, Fotomatón Cuatrofotos, Xoiería Manuel María, Carnicería Daniel, Don Agro Floristería, Canela y Pimienta, Pazo de Villar de Francos, Costa Caión, Taxibodas, O recreo animación, Gramola disco móbil, Picmatón (fotomatón), Koalanimación, Viajes Gomar, Candal Tours, Pazo de Sergude, Clasicoruna, LE Boisson (coctelería), Anim-Art e YA-Car.
E se aínda non pensaches en casar, achégate igualmente... ao mellor entran as gañas!!!