Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

A última finde de setembro trae a primeira cita do FIOT, pero tamén a música do Xiria Pop, as festas dos Remedios de Ardaña, fotografía e moita natureza

VENRES

Yllana 25

Presentación do libro “Derribos Arias. Licencia para aberrar”, de Carlos Rego. Biblioteca Rego da Balsa. 19.30 h. A Biblioteca Rego da Balsa acolle para o público máis musical a presentación do libro Derribos Arias. Licencia para aberrar, de Carlos Rego, no que se realiza un percorrido pola historia dunha das bandas máis innovadoras do panorama musical dos oitenta. Unha oportunidade para que o público xuvenil coñeza máis sobre a nosa música e outra para que os máis adultos podan rememorala. Entrada libre.

FIOT Carballo. Yllana 25. Pazo da Cultura, 21.00 h. Que mellor prólogo para a 25 edición do FIOT que o que ofrece unha das compañías máis queridas polos fioteiros e que tamén celebra o seu 25 aniversario? Por novena vez Yllana volve a Carballo, onde xa gozamos dos seus traballos máis importantes, recompensándoos en tres ocasións co Premio do Público. Desta volta representan Yllana 25, que reúne nun mesmo espectáculo os mellores gags da compañía, nun repaso cos máis destacados momentos da súa traxectoria. Entrada 10 €.

Exposición fotográfica "Olladas". Galería de arte Garabato. 21.00 h"Olladas" é unha mostra de imaxes que recolle os traballos feitos polo alumnado do obradoiro intensivo de Peter Schneider, "Streetphotography", que foron recollidos polo propio docente para esta exposición. A mostra expón, na súa gran maioría, a feira e o mercado municipal do Concello de Carballo. Un bo lugar onde ademais de mercar productos naturais, ecolóxicos e propios da terra, o ollo da cámara recolle as vivenzas propias da contorna, que ás veces pasan desapercibidas. Entrada libre.

VENRES E SÁBADO

Vic Godard

Vic Godard

Xiria Pop. Sala Dublín. Apertura de portas ás 21.30 horas. Mod, punk, pop e moito rock... o Xiria Pop volve con toda a súa oferta musical o venres 23 e o sábado 24 de setembro na Sala Dublín de Carballo. Un ano máis, a calidade musical, a orixinalidade e o bo facer fan do festival unha cita case en familia na que sempre quedan anécdotas, festa e moi bo rollo. E sobre todo, uns fantásticos sons con músicas alternativas e con personalidade. Grupos como Shaggy Dogs, o mítico Vic Godard, The Wellgreens ou The Allnighters copan o programa do festival. Máis información, aquí. Entrada para un día 15€; bono dous días, 25€.

SÁBADO E DOMINGO

Orquestra Combo Dominicano

Orquestra Combo Dominicano

Festas dos Remedios en Ardaña. Todo o día. A parroquia de Ardaña celebra o 24 e o 25 de setembro as grandes festas na honra da Virxe dos Remedios. Comezan o sábado con dianas e alboradas e sesión vermú coa cantante Ruth Cundíns de Luar. Pola noite, a verbena volve a contar con Ruth, acompañada de Judith Cundins e logo chega o prato forte coa orquestra el Combo Dominicano. Pecha a discomóbil Impacto. O domingo pola mañá haberá música a cargo da Asociación Xuvenil Arume e sesión vermú co Dúo Charada. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, celébrase a Festa do Neno e o II Torneo de Tute. Haberá carpa por se chove.

DE XOVES A DOMINGO

Senda Nova

Días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo camiño" con Senda Nova. Mercado Municipal. Todo o día. Senda Nova celebra o seu décimo aniversario cos Días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo Camiño", unha cita na que facer reconto de todo o que se ten avanzado na última década, pero tamén unha forma de unir a entidades de Bergantiños e de toda Costa da Morte para seguir afondando no traballo conxunto que o asociacionismo realiza en Carballo e na contorna. Obradoiros para nenos e nenas, faladoiros sobre cultura castrexa ou sobre o espazo natural de Baldaio e ornitoloxía, actividades artísticas con Crea Formas; presentación de actividades como o próximo Outono en Marcha... e moitas actuacións musicais. Infinidade de citas do 22 ao 25 de setembro no Mercado Municipal. +info aquí


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica