Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Maxia, rutas ciclistas, xadrez, autocross e as últimas verbenas do verán: variedade de propostas para pasar o ecuador do mes de setembro

VENRES

Mago Daniel Polo

Mago Daniel Polo

Actuación do Mago Daniel Polo. Fórum Carballo. 17.30 h. Con motivo da celebración da I Semana Europea da Mobilidade o novísimo Mago Daniel Polo ofrece unha actuación para todos os nenos e nenas e veciños e veciñas que queiran asistir. Este rapaz comezou a súa carreira con tan só trece anos e xa ten actuado na TVG e en moitos escenarios abraiando a pequenos e maiores cos seus trucos. Entrada libre.

SÁBADO

6º Autocross Carballo. Circuíto de Motor de Bértoa. A partir das 12.00 h. Máis de medio centenar de pilotos participan no 6º Autocross Carballo, a segunda proba do Campionato Galego de Autocross que se celebra este ano no Circuíto de Motor de Bértoa. A cita comeza a partir das 10.00 horas coas verificacións, mentres que os pilotos saltan á pista ás 12.00 horas cos adestramentos. Xa pola tarde, as semifinais teñen lugar a partir das 15.30 horas, mentres que as finais son a partir das 17.30 horas. Toda a info da cita, clicando aquíPrezo da entrada: 10 euros; nenos e nenas: acceso gratuíto.

1º Torneo Aberto de Xadrez Concello de Carballo. 1º andar do Mercado Municipal. 16.00 h. Carballo celebra o seu primeiro torneo de xadrez, no que pode participar calquera veciño ou veciña que o desexe que sexa afecionado ou afeccionada ao xadrez, xa que non é preciso estar federado/a ou pertencer a algún club para anotarse. A cita está organizada polo Club de Xadrez Toque Xiria coa colaboración do Concello. O sistema de xogo é suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores de 16.00 a 20.30 horas. Repartiranse ata 800 euros en premios! Acceso libre para o público.

6º Autocross Carballo

Pequerruta en bicicleta coa AD Media Ducia. Saída da Praza do Concello. 16.30 h. A Asociación Deportiva Media Ducia anima aos veciños e veciñas a que empreguen a bicicleta nos seus desprazamentos pola vila e convida especialmente aos nenos e nenas e ás familias a que participen nunha pequena ruta ciclista con saída ás 16.30 horas na Praza do Concello e percorrido ata o Paseo do Anllóns e logo ata Bértoa. A cita está incluída nas actividades da I Semana Europea da Mobilidade. Participación libre e gratuíta.

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Verbenas de Santa Eufemia, Santa Irene, San Mateo e As Dolores. A terceira fin de semana de setembro garda aínda algunhas das últimas verbenas do verán. Por exemplo, en Bértoa coa celebración de Santa Eufemia os días 16 e 18; en Lema os días 16, 17 e 18 con Santa Irene; Berdillo con As Dolores os días 17 e 18 e por último Santa Eufemia e San Mateo en Rus os días 17 e 18. Animádemos a asistir, que a partir do sábado 17 deixa de chover!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica