Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Festas e verbenas de verán, arte e creatividade para todas as idades, moda na rúa: vive o mes de setembro en Carballo!

XOVES, VENRES, SÁBADO E DOMINGO

A orquestra Nueva Fuerza actúa en Oza

A orquestra Nueva Fuerza actúa en Oza

Festas en Goiáns, Artes, Rus e Oza. O mes de setembro aínda ten moitas festas e verbenas de verán que ofrecer en Carballo, moitas delas para celebrar os Milagres. Comezamos os días 7, 8 e 9 coas festas de San Ramón en Goiáns; seguinmos o xoves 8 cos Milagres de Artes e os días 8 e 9 cos Milagres de San Sadurniño de Rus; e pechamos os días 9, 10 e 11 cos Milagres en Oza. Na parroquia de Oza o programa inclúe o venres verbena pola noite con Nueva Fuerza y Factory Disco Móvil; o sábado hai sesión vermú e verbena coa Orquesta Ciudad de Vigo e de madrugada disco móvil con Movemento; e o domingo pechan as festas pola mañá coa sesión vermú do Dúo Charada. Non perdades as últimas verbenas de setembro!

VENRES

Casting CCA

Casting do CCA Carballo. Rúa Colón. A partir das 18.00 h. O CCA (Centro Comercial Aberto Carballo) avanza un pouco do espectáculo que vai ofrecer no XIV desfile de moda que se celebrará o día 1 de outubro de 2016. O casting terá lugar na rúa Colón e todas as persoas inscritas amosarán a súa mellor forma de desfilar para poder participar na cita na que se expón o mellor da moda carballesa. Dende os 3 anos e ata os 100, todo tipo de persoas poden participar nun espectáculo que comeza cunha mostra de todo o que poden facer os e as aspirantes. Entrada libre.

SÁBADO

Arte na rúa. Xardín Municipal e Praza do Concello. A partir das 12.00 horas. Carballo transfórmase un ano máis da man da arte grazas a Arte na Rúa, unha iniciativa da Asociación Crea Formas Artísticas na que a vila vive durante todo un día por e para o mundo da arte e da creatividade. Creadores e creadoras do municipio, pero tamén da comarca, únense para ofrecer o mellor do seu traballo, pero tamén para ensinarlle aos demáis como dar renda solta á súa imaxinación. Música, danza, literatura, exposicións, obradoiros, exhibicións... e moito máis para poder unir a todas as disciplinas artísticas nun mesmo espazo, neste caso o Xardín Municipal. Non o perdades, buscade a hora e a actividade que mellor vos conveña e achegádevos. O sábado 10 de setembro de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas! Toda a información, clicando aquíEntrada libre.

EN CURSO

Unha obra de Ponte en cor

Unha obra de Ponte en cor

Ponte en cor. Barrio da Milagrosa. Por segundo ano consecutivo o barrio da Milagrosa transfórmase nunha orixinal galería de arte grazas a Ponte en Cor, unha proposta que une a hostaleiros, comerciantes e creadores e creadoras para promocionar o movemento artístico carballés. Veciños e veciñas e visitantes poderán ver unha mostra artística espallada nun total de 21 locais comerciais e hostaleiros por todo o barrio. A iniciativa estará aberta entre 5 de agosto e o 10 de setembro. +info, clicando aquí.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica