A creatividade invade Carballo o 10 de setembro con Arte na Rúa
No Xardín Municipal en horario de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 con actividades, obradoiros, mostras artísticas e diversión durante todo o día
Cartaz de Cristina Castro
Carballo transfórmase un ano máis da man da arte grazas a Arte na Rúa, unha iniciativa da Asociación Crea Formas Artísticas na que a vila vive durante todo un día por e para o mundo da arte e da creatividade. Creadores e creadoras do municipio, pero tamén da comarca, únense para ofrecer o mellor do seu traballo, pero tamén para ensinarlle aos demáis como dar renda solta á súa imaxinación. Música, danza, literatura, exposicións, obradoiros, exhibicións... e moito máis para poder unir a todas as disciplinas artísticas nun mesmo espazo, neste caso o Xardín Municipal.
A organización xa ten pechada a celebración de máis dunha ducia de obradoiros, con propostas tan orixinais como a creación de mandalas, papiroflexia, reciclaxe artística, arte no chan ou mesmo un taller para crear un instrumento musical. Calquera pode participar de balde. Para facelo, podedes pedir máis información no Facebook do evento: Arte na rúa. Ademais haberá un posto específico atendido por Milagros Cotelo para pedir información sobre os obradoiros durante toda a xornada.
Disciplinas variadas
Aquí tendes a listaxe coas citas que xa están pechadas, pero non vos despistedes que sempre hai incorporacións interesantes de última hora. Polo momento, están confirmados os seguintes:
- Obradoiro poético-literario con Paco Souto, Mercedes Queixas Zas, Rosalía Fernández Rial, Santiago Pazos Iglesias, José Antonio Andrade Figueiras e Xurxo Chapela.
- Obradoiro de fotografía con Peter Schneider
- Obradoiro de barro con Isa Fernández e Tomás Luna Crespo
- Obradoiro de estampación e monotipos con Lola Oviedo e Antonio Taracido García
- Obradoiro de creación dun instrumento musical con Esther Chamoso Lázaro
Tamén haberá música para animar a xornada e moitas sorpresas que só descubriredes se vos achegades ao Xardín
- Obradoiro de mandalas con Chiña da Brea
- Obradoiro de papiroflexia con María Marticorena
- Obradoiro de monicreques de papel con Cristina Castro Santiago
- Obradoiro de debuxo libre con Santiago Picos Diaz
- Obradoiro "Derrubando muros sobre cartón" con Miguel Anxo Calvo
- Obradoiro de reciclaxe artística con Adriana Díaz Iglesias
- Obradoiro de arte no chán con Mon Lendoiro
- Exhibición e creación dunha obra artistica en vivo con Javier Rodríguez Rodríguez
Ademais, tamén haberá actuacións musicais ao longo da xornada, con artistas como Diego Vivaldi e Perfect Fith e moitos máis. Non o perdades, buscade a hora e a actividade que mellor vos conveña e achegádevos. O sábado 10 de setembro de 12.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas!