Goiáns
![Camiño do río en Goiáns Camiño do río en Goiáns](media/../media/img/Camino-do-rio-en-Goians724.jpg)
Camiño do río en Goiáns
Extensión: 6,64 km²
Poboación: 443 habitantes
Número de lugares: 8
Entre Sísamo, Cances e Bértoa, na estrada a Malpica, está a parroquia de Goiáns, regada polas augas do principal río da comarca, o Anllóns.
Goiáns conta cunha das aldeas máis antigas do municipio, a de Bas, como delatan as súas vellas vivendas de pedra, casas labregas que gardan no seu interior antigos instrumentos de labranza e que constitúen unha boa mostra de arquitectura popular.
![Igrexa de San Estevo de Goiáns Igrexa de San Estevo de Goiáns](media/../media/img/Igrexa-de-San-Estevo-de-Goians450.jpg)
Igrexa de San Estevo de Goiáns
A igrexa parroquial, dedicada a Santo Estevo, é de estilo barroco. O seu retablo maior, do primeiro barroco, está adornado con requintadas columnas salomónicas. A carón da igrexa, atoparás o cruceiro e un conxunto de vivendas tradicionais.
No lugar do Piñeiro érguese un esbelto cruceiro, que nos mostra as imaxes do Cristo crucificado en brazos de San Francisco e a Virxe co neno, flanqueada por dous anxos.