Este verán, coñece mellor Carballo coas nosas visitas guiadas!
Pola costa, polos murais de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest, polo noso Museo de Bergantiños... Chama ao 981 702 077 e infórmate
Mural de Case Maclaim no Rexenera Fest 2016
Tes gañas de saber máis cousas sobre os murais de Derrubando Muros con pintura e do Rexenera Fest? Apetéceche facer un percorrido por eles? Ou ao mellor prefires facer un roteiro pola costa do munipio e coñecer todas as furnas, calas e segredos que agocha o litoral de Baldaio e Razo. Ou quizais estás de visita este verán e apetéceche saber algo máis do pobo, da súa historia ou dos seus costumes e tamén dos da nosa comarca no noso Museo de Bergantiños...
Tamén podedes concertar a visita e obter máis información no enderezo museo@carballo.gal
Pois xa podedes optar a realizar unha visita guiada na que coñecer toda a información e percorrer os lugares de interese de Carballo de forma gratuita. Só tendes que xuntar un grupo de cinco ou máis persoas, chamar ao 981 702 077 e obter toda a información para poder realizar os percorridos. Tamén podedes informarvos no enderezo electrónico <museo@carballo.gal>.
Arte urbana, mar e lecer...
Praia de Razo
Os murais de Derrubando muros... e do Rexenera Fest están espallados por toda a capital municipal carballesa. Numerosos artistas internacionais e locais teñen deixado a súa pegada por moitos dos recunchos da localidade, con motivos que van dende o amor, as alegorías, a igualdade entre homes e mulleres, a guerra e a paz ou as ansias de superación; con imaxes que reflicten a natureza, seres mitolóxicos ou o noso día a día.
A nosa costa, mar aberto ao Atlántico, unha fiestra sobre o océano na que facer surf ou voleibol, na que pasear ou descansar, que nos ofrece o noso marisco, pero que tamén agocha a nosa flora e fauna autóctonas.
E finalmente a nosa Oficina de Información Turística, Museo de Bergantiños, situado no centro da vila para aqueles viaxeiros que queiran saber máis sobre a historia de Carballo, unha vila que naceu arredor dun balneario pero que ten evolucionado e cambiado dende o seu nacemento, ao igual que toda a comarca de Bergantiños.
Todo está ao voso dispor a tan só unha chamada ou un mail de distancia! Vinde a Carballo e gozade do verán con nós!