Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Máis de 3.000 persoas visitan Carballo esta finde grazas ás nosas citas deportivas, sobre todo, pero tamén gastronómicas e musicais... Escolle o que queres facer e goza con nós!

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Carballo por etapas

Carballo por etapas. 20 locais hostaleiros. Horarios: venres de 20.00 a 22.00; sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 h. Volve Carballo por etapas, a ruta gastronómica que todas as primaveras, desde hai catro, invade a localidade co mellor dos nosos produtos. Comeza o venres 27 de maio ás 18.30 horas coa saída do tren turístico que percorrerá todos os locais participantes. A ruta terá lugar os días 27, 28 e 29 de maio, e 3, 4 e 5 de xuño.  O prezo da tapa será de 1,50 €, e con cada unha entregarase un rasca co que poden conseguirse numerosos premios directos: gorras, camisetas, tapas, botellas de viño e de vermú, packs de copas de viño... Toda a info sobre a ruta, clicando aquí. Tapas a 1,5 euros.

Fase de ascenso do Balonmán Calvo Xiria. Pavillón Vila de Noia. Venres a partir das 19.00 h. Sábado a partir das 17.00 h. Domingo a partir das 10.30 h. Entre o venres 27 e o domingo 29 de maio o Calvo Xiria xógase o ascenso á segunda máxima categoría do balonmán español. Farao en Carballo tendo diante aos mellores equipos da tempada: o Hispanitas Petres de Alacante, o Balonmano Carabanchel e o Caserío Ciudad Real. É a terceira ocasión en que o club opta a subir á División de Honra de Prata, pero é a primeira que se xoga en casa, e iso mellora moito as opcións de triunfo. O club pídelle a toda a afección que non falte para apoiar ao equipo. Bono para todos os partidos, 20€. 15€ para socios (con descontos para menores de 14 a 18 anos). Máis info, aquí.

SÁBADO E DOMINGO

Torneo Fútbol Base SD Sofán. Campo do Carral. Sábado e domingo a partir das 9.00 e 10.00 h. Un total de 13 equipos compiten este ano no Torneo Fútbol base SD Sofán que volve despois do gran éxito da cita de 2015. Sofán, Luis Calvo, Paiosaco, Ordes, Laracha, O Burgo, Atlético Coruña, Xuventude Oroso, Calasanz, Arteixo, Tordoia, Bertamiráns e o CD Lugo serán os participantes. O sábado compiten os alevíns e benxamín, de 9:00h ata as 20.30h, con xantar no campo. Porá o broche un grande do fútbol nacional como Javier Manjarín. O domingo será a quenda dos Prebenxamíns e Biberón, empezando ás 10.00h e rematando ás 14.30 coa entrega de premios. Espectáculo futbolístico en Carballo!

SÁBADO

V Autocross Carballo

Copa Bergantiños de Baloncesto. Pavillón Carballo Calero. A partir das 9.30 h. Os nenos e nenas das categorías benxamín e alevín de Escola Basket Xiria e o Club Baloncesto Artai, por Carballo, e das escolas municipais de baloncesto da Laracha e Ponteceso vivirán o sábado 28 de maio a Copa Bergantiños de Baloncesto, unha cita que servirá para pechar de forma divertida e a través dunha competición propia unha excelente tempada de convivencia e baloncesto. A cita comeza ás 9.30 horas coas semifinais benxamín; segue ás 10.30 coas semifinais alevín; ás 11.30 son as finais de consolación; e as finais están previstas para as 12.30 horas, coa entrega de medallas e trofeos ás 13.45 horas. Entrada libre.

V Autocross Carballo. Circuíto de Motor de Bértoa. A partir das 12.00 h. Carballo volve a acoller aos mellores pilotos de Galicia coa celebración do V Autocross Carballo. Trátase dunha proba puntuable para o Campionato Galego. Como en anos anteriores as categorías da proba son coches de +1.600 cc, -1.600 cc, 4x4 e KartCross coas verificacións administrativas e técnicas a partir das 10.00 horas e os primeiros adestramentos libres, cando os coches saltan xá á pista, a partir das 12.00 horas. Despois da pausa para comer, as semifinais son ás 15.30 horas e as mangas finais a partir das 17.30 horas, sendo a última en disputarse a de 4x4. Entrada consultar Máis motor.

Chicharrón estarán no Curruncho Pop

Chicharrón estarán no Curruncho Pop

Trofeo Ciclista Concello de Carballo. Saída dende a Praza do Concello. A partir das 15.30 h. Uns 150 corredores de toda Galicia participan no Trofeo Ciclista Concello de Carballo 2016, que congregará a representantes das categorías Femias, Cadetes e Escolas a partir das 15.30 horas polas rúas e estradas do municipio. As femias realizarán unha ruta de 32,4 quilómetros a partir das 15.30 horas; o percorrido para os cadetes é de 52,7 quilómetros e principia ás 17.00 horas; as escolas realizan un circuíto urbano a partir das 18.45 horas e os principiantes realizan unha proba de habilidade na Praza do Concello. Collede as bicis e achegádevos a ver o espectáculo! Máis info, aquí.

Curruncho Pop. Biblioteca Rego da Balsa. 20.30 h. O programa Curruncho Pop ofrece unha nova entrega dos seus concertos. Desta volta cos carballeses Chicharrón e co ourensán Emilio José. "Chicharrón é o nome que nos puxo Alberto Gende”. Así se presenta este quinteto formado por Alberto Vecino (guitarra, voz), Diego Gende (guitarra), Mar Catarina (teclados), Rubén Domínguez (baixo) e Xurxo Meis (batería). Despois dun sorprendente e interesante debut, chegan cun segundo disco Postal, menos crú que o anterior e cheo de matices. Emilio José é de Quins (Ourense), e polo tanto, como el dí “son un cantautor de Quins e en Quins fálase galego”. Emilio José debuta en disco no 2009 con Chorando apréndese (Foehn), e xa se dá un conta de que ten un par de narices (o selo tamén), xa que debuta cun disco dobre. Presenta no Curruncho Pop Agricultura Livre (Foehn) un triple disco onde hai case de todo, coma en botica. Entrada libre.

XXXI Aniversario do Coro Aires de Bergantiños. Pazo da Cultura. 21.00 h. O auditorio do Pazo da Cultura acolle no marco do Programa das Letras Galegas o concerto para conmemorar o XXXI Aniversario do Coro Aires de Bergantiños.  Entrada libre.

DOMINGO

Primavera ruta remata cos sons do Anllóns

Primavera en ruta remata cos sons do Anllóns

Primavera en ruta. “O son do Anllóns”. 9.15 h. Senda Nova e o Concello propoñemos oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O domingo 29 de maio é a quenda da ruta O son do Anllóns que estaba prevista para o 3 de abril pero que fora aprazada por mor do mal tempo. De 21 quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo e Coristanco, saíndo de Carballo e terminando en Corcoesto, atravesando lugares como Verdes, o Pazo do Souto, a Pontedona, a Casa da Torre ou Corcoesto. Inscricións e +info no 696 155 232. Tamén de 9.30 a 13.30h. en Protección Civil no antigo ambulatorio de Carballo e no Pazo da Cultura de 17.00 a 20.00h. O prezo para participar para os non socios é de 6 € para adultos/as e de 3 € para menores de idade.

Baile para a Terceira Idade. Pazo da Cultura. 18.00 h. Os maiores de Carballo tamén teñen a súa festa as fins de semana. O salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura acolle de 18.00 a 21.00 horas un baile con música para a terceira idade. Entrada libre.

Representación teatral do CEIP Canosa-Rus. Pazo da Cultura. 17.00 h.  O auditorio do Pazo da Cultura acolle unha representación teatral dos nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus a partir das 17.00 horas no marco do programa das Letras Galegas 2016: G en ti. Entrada libre.

EN CURSO

A mostra dos traxes pode visitarse até o 5 de xuño

A mostra dos traxes pode visitarse até o 5 de xuño

Exposición “O Traxe do País. Poñendo en valor o noso traxe tradicional”. 3º andar do Pazo da Cultura. De 17.30 a 20.30 h. O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Argazo presentan unha mostra sobre o traxe tradicional galego. A exposición, titulada O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional, pretende introducir ao público nunha primeira aproximación ao redescubrimento do traxe tradicional galego baseada no estudio de pezas antigas. Componse duns 20 traxes que forman parte da colección privada de Alberto Golpe Beceiro e con pezas da colección de Antón Méndez Gándara. Todos os traxes son antigos ou reproducións fieis de pezas antigas tanto de roupa como complementos do vestir e ourivería. Pode visitarse até o 5 de xuño. Acceso libre.

XII Xornadas gastronómicas do boi de Galicia. Restaurante Río Sil. Un ano máis o Restaurante Río Sil de Carballo, que recentemente acadou unha mención especial na Guía Michelín, organiza as xornadas de exaltación da auténtica carne de boi galego. Celébranse en maio a partir do domingo 1 e só tendes que chamar ao restaurante para reservar ou obter máis información. E logo, sentarse á mesa e gozar coa carne. +info: 981 700 478.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica