Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Comprar calidade ten premio en Carballo coa...

Compartir:

Comprar calidade ten premio en Carballo coa campaña Quere o teu mercado

Sortéanse mil euros en vales desconto só por mercar antes do sábado 28 de maio nos postos da praza de abastos

Mercado de Carballo

Mercado de Carballo

Comprar no Mercado de Carballo ten premio. Só por achegarse a mercar os mellores produtos da zona: o noso afamado pan, saborísisimas patacas, os peixes da Costa da Morte, as carnes que proveñen das e dos gandeiros locais, e os legumes e verduras das fértiles hortas do municipio, poderás gañar vales desconto de até 250 euros. Só tes que facer a compra no Mercado antes do sábado 28 de maio e participar no programa “Quere o teu mercado”.

As persoas que compren na praza de abastos recibirán un boleto por cada 5 € de compra para participar no sorteo de 11 vales desconto por valor de 1 vale de 250 €, 5 vales de 100 € cada un e 5 vales por valor de 50 € cada un ata chegar a un total de 1.000 euros. O obxectivo da campaña é o fomento do consumo local e facilitar a compra de produtos frescos garantía de calidad. Trátase de fomentar o consumo local no mercado municipal, un mercado que facilita a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neste tipo de mercado é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada.

Ademais dos vales, podes levar agasallos directos!

Desde o mercado de proximidade foméntase o consumo de produtos galegos, ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas que require unha dieta equilibrada e saudable. O sorteo terá lugar o vindeiro sábado 28 de maio, Día dos mercados, ás 13.00 h. no Mercado Municipal, no que se escollerán os boletos premiados así como os postos do Mercado nos que disfrutar dos vales.

Ademais durante toda a semana os clientes do Mercado recibirán outros agasallos da campaña coas súas compras.

Compra produtos de calidade! Compra no comercio de proximidade! Compra en Carballo!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica