Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo, capital do fútbol español no XII Torneo...

Compartir:

Carballo, capital do fútbol español no XII Torneo Alevín de Fútbol 7 Concello de Carballo

O Madrid, o Barça, o Dépor ou o Celta enfrontaranse entre o 17 e o 19 de xuño no Campo Municipal das Eiroas

Presentación do XII Torneo de Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo

Presentación do XII Torneo de Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo

Carballo poderá ver por primeira vez o gran derby do fútbol español a través dos alevíns do FC Barcelona e o Real Madrid no XII Torneo de Fútbol 7 Alevín Concello de Carballo que terá lugar entre o venres 17 e o domingo 19 de xuño nas instalacións do Campo Municipal de As Eiroas. Estarán acompañados polo RC Deportivo, o RC Celta, o Porto, o Real Valladolid, o Real Oviedo, o CD Lugo, as EF Luís Calvo Sanz e o club clasificado na Fase Final do VII Torneo Alevin Fútbol 11 Conservas Calvo.

O torneo volve ao formato de Fútbol 7 nunha liguiña de todos contra todos e un cartel espectacular coa visita do Porto

Por primeira vez o Madrid e o Barça se enfrontan neste torneo, despois de moitos esforzos por parte da organización por conseguir reunir ás bases dos dous equipos con máis títulos da Liga Española. Ademais, están os tres principais equipos de Galicia, o Celta, o Dépor e o Lugo; temos a presenza internacional do Porto; e nos visitan o Valladolid e o Oviedo. O torneo volve ao formato de Fútbol 7 con dez equipos enfrontándose nunha liguiña de todos contra todos.

Ademais, o formato desta edición será por primeira vez de 10 equipos, sendo o sistema de competición igual ao de anos anteriores: liguiña a unha volta, todos contra todos e fase final título e Fase Final Consolación. É o único torneo de España no que se practica a modalidade na que todos os equipos xogan contra todos, de tal forma que todos os rapaces teñen a oportunidade de medirse entre eles.

Entre 7.000 e 8.000 persoas visitarán Carballo

Escolas Luís Calvo Sanz

Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz

O torneo convértese así nun premio para os participantes nas Escolas Luís Calvo Sanz, que durante todo o ano agardan para xogar contra os mellores de España. E tamén nunha grande cita para Carballo, xa que entre 7.000 e 8.000 persoas visitarán Carballo no mes de xuño para participar nas actividades que desenvolven as Escolas como peche da tempada.

Así, ademais do torneo hai un montón de citas para pre-benxamíns, benxamíns, o Campionato Galego de Fútbol 11 cos mellores oito equipos de Galicia, unha concentración para a categoría biberón e, a finais de xuño, o Campus de Fútbol das Escolas Luís Calvo Sanz.

Carballo: capital do fútbol galego e español nas categorías de base no mes de xuño!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica