Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo: capital galega do Autocross o sábado 28...

Compartir:

Carballo: capital galega do Autocross o sábado 28 de maio

A cuarta proba puntuable do Campionato Galego fará ruxir de novo os motores no Circuíto Municipal de Bértoa

Maikel Vilariño no Autocross de Santa Comba (Foto: Javier Rey)

Maikel Vilariño no Autocross de Santa Comba (Foto: Javier Rey)

O Circuíto de Motor de Bértoa volve a acoller aos mellores pilotos de Galicia coa celebración do V Autocross Carballo. Os motores ruxirán de novo nas pistas o sábado 28 de maio coa celebración dunha proba puntuable para o Campionato Galego, a cuarta do almanaque dun total de nove probas que servirán para proclamar ao campión. Ademais, como en anos anteriores, o circuíto galego volverá a Carballo en setembro para unha segunda proba, xa máis decisiva de cara ao título. E, por se fora pouco, o Campionato de España estará un ano máis en Carballo en xullo nunha das citas máis concorridas do circuíto.

Horarios

O Campionato galego volverá a Carballo en setembro para disputar outra das probas para o título

Pero, volvendo á proba do 28 de maio, como en anos anteriores as categorías da proba son coches de +1.600 cc, -1.600 cc, 4x4 e Carcross cuns horarios nos que as verificacións administrativas e técnicas serán a partir das 10.00 h. e os primeiros adestramentos libres, cando os coches saltan xá á pista, a partir das 12.00 h. Despois da pausa para comer, as semifinais son ás 15.30 h. e as mangas finais a partir das 17.30 h., sendo a última en disputarse a de 4x4.

A cita ésta organizada pola Escudaría Máis motor xunto coa Federación Galega de Automobilismo, o Concello de Carballo, a Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña coa axuda de Protección Civil de Carballo.

Os interesados e interesadas poden descargar o regulamento da proba máis abaixo en pdf nesta mesma nova.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica