Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda das letras

Compartir:

Axenda das letras

Algúns terán a sorte de disfrutar este finde nunha longa ponte. Nós ofrecemos mil actividades para festexar as Letras Galegas. Feliz 17 de maio!

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Feira Medieval na Milagrosa

Feira Medieval na Milagrosa

Mercado Medieval na Milagrosa . Horarios: venres de 17.00 a 22.00; sábado de 11.00 a 22.00; domingo de 11.00 a 21.00 h. Carballo acolle de novo un mercado medieval. Organizado pola Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Profesionais do Barrio da Milagrosa, celebrarase na contorna da praza. Haberá, como en anteriores ocasións, unha exhibición de cetraría, xogos para nenos, postos de doces, talleres, actuacións de maxia e artesanía diversa, entre outros atractivos. Entre as novidades, a presenza de postos locais; a celebración o sábado, ás 22.30 horas, unha "cea medieval" a base de porco ao espeto; e o domingo, pola tarde, un espectáculo de doma cabalar. Viaxa á Idade Media en Carballo! Entrada libre.

SÁBADO

Víctor Grande

Víctor Grande estará na Dublín

I Xornada sobre o traxe tradicional galego. Pazo da Cultura. Todo o día a partir das 10.30 h. A Asociación Cultural Argazo, coa colaboración do Concello de Carballo, organiza a Xornada O Traxe Tradicional Galego, que terá lugar o sábado 14 de maio no segundo andar do Pazo da Cultura durante todo o día. A programación polo miúdo é a seguinte: 

Sesión de mañá - entrada libre ata completar aforo

  • 10.30 a 11.30 - Percorrido audiovisual pola exposición de man de Alberto Golpe Beceiro
  • 11.45 a 12.45 - Charla-coloquio “'I É MENTIRA I É MENTIRA'. O TRAXE DE HOXE”
  • 13.00 a 13.45 - Mesa Redonda sobre a situación actual do noso traxe. Verdades, mentiras, invencións e tradicións.
Sesión de tarde, obradoiros – entrada con inscrición previa
  • 16.00 a 17.00 - Obradoiro teórico-práctico: Tipos de panos: de cabeza e de corpo. Cómo colocalos correctamente.
  • 17.15 a 18.15 - Cómo flecar panos de cabeza e de corpo. Con obradoiro práctico.
  • 18.30 a 19.30 - Obradoiro teórico-práctico sobre os tecidos usados no traxe tradicional visitando a exposición para poder ver de primeira man.
A inscrición nos obradoiros gratuítos pode facerse no 981 704 300 de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Serán literario. Local Social de Cances. 20.00 h. Presentación dos libros Coristanco. As súas parroquias e Reválida de sexto coa participación dos seus autores: Evaristo Domínguez Rial e Xosé Antonio Andrade Figueira, respectivamente. Organiza: AC San Campio de Cances. Acceso libre.

Monólogo de Víctor Grande. Sala Dublín.  23.00 h. Esta finde temos un novo monólogo do ciclo que ofrece os sábados a Sala Dublín. Esta vez con Víctor Grande. Segundo el mesmo conta, todo empezou en setembro de 1979. Tras unha infancia empapada polos 80 e unha mocidade efervescente nos 90, entrou no novo século facendo os meus primeiros pasos na comedia. En 2001, ao Kubrick, subiuse e por primeira vez a un escenario e de aí xa non o baixa nin Jobs. Descubriu os praceres da radio, fixo un pouquiño de tele, escribiu guións e mesmo editouun libro. Tras dez anos, decatouse de que xa ten historias que contar e por iso é polo que agora tamén dá charlas e clases de comedia. Qué vos parece? Se vos apetece, non faltedes! Consultar prezo en Sala Dublín.

DOMINGO

A forza do río Chonia

A forza do río Chonia

Primavera en ruta. “Camiños de Caión”. 9.15 h. Senda Nova e o Concello propoñemos oito percorridos por Carballo e a contorna para coñecer mellor a nosa paisaxe e o noso patrimonio. O domingo 15 de maio é a quenda da ruta Camiños de Caión. De 15 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media. Comeza na praza Eduardo Vila Fano (que alberga a igrexa dá Nosa Señora do Socorro e ou pazo dous Condes de Graxal) e percorre a práctica totalidade do litoral da parroquia, propoñendo visitar elementos do patrimonio histórico municipal como a ermida dos Milagres; ou gozar da riqueza natural e paisaxística, por exemplo, coa furna furada, a praia fósil de Leira e o castro da Costenla. Inscricións e +info no 696 155 232. Tamén de 9.30 a 13.30h. en Protección Civil no antigo ambulatorio de Carballo e no Pazo da Cultura de 17.00 a 20.00h. O prezo para participar para os non socios é de 6 € para adultos/as e de 3 € para menores de idade.

Encontros Culturais Arume. Local social de Berdillo. 18.00 h. O Local Social de Berdillo acolle o encontro de música e baile tradicional que organiza cada ano a Asociación Cultural Arume. A partir das 18.00 horas. Organiza: AX Arume. Entrada libre.

Teatro con Vagalume. Pazo da Cultura. 18.00 h. Os grupos de teatro de Vagalume animación ofrecen o mellor do seu repertorio os días 8, 15, 21 e 22 de maio no Pazo da Cultura. Todos os días a cita será ás 18.00 h., agás o día 21, en que a sesión será ás 20.30h. Teatro afeccionado para todos os públicos! Entrada libre.

LUNS

Andando a terra con Manuel María. Casino de Carballo. 20.30 h. O Casino de Carballo acolle a partir das 20.30 horas un dos actos que a Asociación Cultural Lumieira ten preparados con motivo do Día das Letras Galegas 2016. O luns 16 de maio o historiador carballés Xan Fraga ofrece unha conferencia sobre o poeta Manuel María, homenaxeado deste ano. Entrada libre.

MARTES: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Fernando Romay volverá a estar no Pequebasket

Fernando Romay volverá a estar no Pequebasket

Día do Pequebasket. Pavillón Carballo Calero (Zona Bergantiños). A partir das 10.00 h. Máis de 700 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos participarán o martes 17 de maio no IV Día do Pequebasket, unha cita que invadirá Carballo con 60 equipos das categorías de base. Confírmase a presenza un ano máis de Fernando Romay, que coma en edicións anteriores non quere perder esta nova cita en Carballo, donde está a crear un gran vínculo deportivo coma padriño do Día do Pequebasket. Oito canchas de minibasket, un total de 110 partidos en formato 4x4, inchables e moitos xogos son só algunhas das actividades que terán lugar nesta cita que ten como principal obxectivo que os nenos e nenas o pasen ben. Gozade co baloncesto!

Maratón As Letras en Voces. Xardín Municipal. Xornada de homenaxe a Manuel María. 11.00 h. Como cada ano o Día das Letras, Carballo celebra o maratón de lectura As letras en voces, no que as persoas que o desexen len un fragmento dun texto dun autor que teña sido homenaxeado o 17 de maio, con especial atención ao do ano en curso, neste caso Manuel María.  A cita conta coa actuación da Banda Municipal de Gaitas, do grupo de música tradicional Arume de Berdillo, da Coral Ribeiras do Anllóns e de diversos centros educativos de Carballo. Participación libre.

XXXVII Concurso Infantil de Pintura Luís Calvo. Praza do Concello. 11.00 h. Dende hai 37 anos a Praza do Concello acolle o Concurso infantil de pintura Luís Calvo, no que teñen participado xeracións e xeracións de carballeses e carballesas e que xa forma parte dos actos tradicionais do 17 de maio. Organiza AC Lumieira. Participación libre.

Unha clase maxistral. Teatro con Galeatro. Praza do Concello. 12.00 h. A compañía carballesa Galeatro (con Alba Bermúdez e Tone Martínez) estrea o espectáculo Unha clase maxistral diante do público carballés e nunha data tan especial como o Día das Letras. Espectáculo para público familiar. Entrada libre.

Concerto das Letras da Banda Municipal de Música. Rúa Coruña. 12.45 h. Un ano máis a Banda Municipal de Música anima as actividades do Día das Letras de Carballo. A primeira hora por todas as rúas do centro carballés tocando unhas alboradas para animar á xente a participar nas actividades. Como peche, a partir das 12.45 horas na Rúa Coruña no tradicional Concerto das Letras.

Sesión vermú con Son Carballo. Xardín Municipal. 13.30 h. Unha das novidades das citas do día das letras é o concerto sesión vermú de presentación do disco de bandas carballesas Son Carballo, con Sonseis+, Lowcos, Porta con porta, Versión Imposible, Surf&Sun, KillerCats, The Cerne, Dude, Crú e Nanny Mouro. Acceso libre.

EN CURSO

Scripta Manent pode visitarse até o 21 de maio

Scripta Manent pode visitarse até o 21 de maio

Scripta Manent: exposición sobre a historia do libro. Biblioteca rego da Balsa. Con motivo do Día do Libro, a Biblioteca Rego da Balsa inaugurou o 23 de abril a exposición Scripta Manent, que versa precisamente sobre a historia do libro. A mostra está organizada polo IES Alfredo Brañas, que cede materiais tan interesantes como carteis e ilustracións, diferentes obxectos antigos de escritura e ata facsímiles de libros antigos. Unha recompilación ben xeitosa levada a cabo polo profesorado e alumnado deste centro educativo. Podedes visitala até o 21 de maio! Non deixedes de vela no horario habitual da biblio, de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas na rúa Bos Aires s/n. Entrada libre.

Exposición “O Traxe do País. Poñendo en valor o noso traxe tradicional”. 3º andar do Pazo da Cultura. De 17.30 a 20.30 h. O Concello de Carballo e a Asociación Cultural Argazo presentan unha mostra sobre o traxe tradicional galego. A exposición, titulada O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional, pretende introducir ao público nunha primeira aproximación ao redescubrimento do traxe tradicional galego baseada no estudio de pezas antigas. Componse duns 20 traxes que forman parte da colección privada de Alberto Golpe Beceiro e con pezas da colección de Antón Méndez Gándara. Todos os traxes son antigos ou reproducións fieis de pezas antigas tanto de roupa como complementos do vestir e ourivería. Acceso libre.

XII Xornadas gastronómicas do boi de Galicia. Restaurante Río Sil. Un ano máis o Restaurante Río Sil de Carballo, que recentemente acadou unha mención especial na Guía Michelín, organiza as xornadas de exaltación da auténtica carne de boi galego. Celébranse en maio a partir do domingo 1 e só tendes que chamar ao restaurante para reservar ou obter máis información. E logo, sentarse á mesa e gozar coa carne. +info: 981 700 478


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica