Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Teatro, música, arte e gaitas de homenaxe: así veñen de cargadiños os Venres Culturais para a primeira fin de semana de marzo

VENRES

Miquel Ínsua e Sara Casasnovas actúan en

Miquel Ínsua e Sara Casasnovas actúan en "Palabras Malditas"

Teatro do Noroeste presenta Palabras Malditas. Pazo da Cultura. 21.00 h. A compañía galega Teatro do Noroeste presenta a súa última produción Palabras Malditas, un espectáculo recen estreado e galardoado cun accésit do Premio Lope de Vega 2014, que traerá ao escenario carballés a dous actores importantes da escena española: Miquel Ínsua e Sara Casasnovas. Baixo a dirección e a autoría de Eduardo Alonso, Teatro do Noroeste pon en escena un espectáculo teatral sobre a amizade e sobre o amor máis alá dos acontecementos na escura España da posguerra. A cita conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entrada 4€; 3€ con desconto para estudantes e maiores de 65.

SÁBADO

Lembranzas de Bergantiños

Lembranzas de Bergantiños

Homenaxe ao Gaiteiro Francisco Calvo Regueiro. Pazo da Cultura. 21.00 h. O grupo de gaitas Lembranzas de Bergantiños homenaxea ao carballés recentemente falecido Francisco Calvo Regueiro "Regueiro", fundador e director da agrupación, ademais de artesán deste instrumento cun obradoiro de gaitas en Bértoa. Proxectarase, así mesmo, un vídeo na súa memoria. A agrupación convida a todos os veciños e veciñas a que se acheguen a coñecer mellor a música tradicional e a homenaxear a este carballés tan querido por eles. Entrada libre.

DOMINGO

Concerto Unha viaxe polo mundo con As Maimiñas. Pazo da Cultura. 18.00 h. As Maimiñas presentan en Carballo o concerto Unha viaxe polo mundo. As Maimiñas son Lucía e Irene, ou o que é o mesmo, Mai e Miña, dúas nais que un día decidiron actuar para os seus fillos. Foi entón cando comezaron a facer o que querían que visen os nenos: un espectáculo de música e contos nos que puidesen participar activamente. Dende entón, as súas aventuras téñenas levado por auditorios de toda Galicia. O concerto está dirixido a nenos e nenas de ata 10 anos. A cita conta coa colaboración do Programa Apego. Entrada 3€; 2 € con desconto.

Baile para a Terceira Idade. Pazo da Cultura. 18.00 h. Os maiores de Carballo tamén teñen a súa festa as fins de semana. O salón de actos do segundo andar do Pazo da Cultura acolle de 18.00 a 21.00 horas un baile con música para a terceira idade. Entrada libre.

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Catálogo poderá visitarse até o 29 de marzo

Catálogo poderá visitarse até o 29 de marzo

Exposición literaria e artística Catálogo. Andar -1 do Pazo da Cultura. De 18.00 a 21.00 h. A mostra Catálogo forma parte dun proxecto expositivo de catro creadores e creadoras da comarca, Rosalía Fernández, Chiña, Paco Souto e Mon Lendoiro, que pretenden axitar a vida cultural da Costa da Morte. Sendo a súa premisa a interacción entre as artes, neste proxecto inverten a habitual relación entre ilustración e texto no proceso creativo, sendo aquela xerme e pretexto deste. Catálogo forma parte dun proxecto expositivo itinerante que inclúe o recitado de poemas ao vivo. Os autores e autoras gardan unha pequena sorpresa para o peche da exposición previsto para o 29 de marzo. Estade atentos! Entrada libre.

Exposición do XVIII Certame fotográfico Xosé Manuel Eirís. 3º Andar do Pazo da Cultura. De 18.00 a 21.00 h. A sala de exposicións Alberto Gende situada na baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura acolle até o 25 de marzo unha mostra das fotografías que participaron no XVIII Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, ao que se teñen presentado 160 imaxes de 73 autores e autoras. A exposición recolle 69 das fotografías incluídas as catro premiadas: "Praia" presentada por Luís Botana Pérez, de Ferrol; "Día de lluvia" presentada por José María Beut Duato, de Valencia; o Premio Especial Carballo para a "Hora bruxa" presentada por Eduardo Verdes Pereira, de A Laracha; e o Accésit para a fotografía "Sen título" presentada por Simone Maestra. Espectaculares e orixinais imaxes chegadas dende todos os puntos de España a un paso das vosas casas! Entrada libre.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica