Os mellores produtos ao mellor prezo: o 12 e 13 de marzo na VIII Feira das Oportunidades
Este ano viaxa ata a contorna do Rego da Balsa, aínda que mantén o horario, de 10.00 a 21.00 horas sen interrupción
Ben se ve que aínda non rematou o inverno. Baixas temperaturas, frío, sarabia... Así que se aínda andas á procura dalgunha ganga, daquela prenda de inverno que querías mercar pero que se ía de presuposto, daquelas botas de auga que ao mellor non precisabas pero que agora fanche falta ou se simplemente queres cumprir un capricho, non podes faltar á Feira das Oportunidades de Carballo. Son máis de oito anos ofrecendo descontos que poden chegar ao 50 por cento en produtos de tempada, avalados pola calidade do comercio local. A moda, infantil e de adultos, será a que máis representación teña na carpa pero tamen poderemos encontrar todo tipo de artigos para o fogar. Así mesmo estarán representados o sector do regalo, beleza, farmacia veterinaria, sector agroalimentario...
E para non perdervos, este ano tendes que estar atentos ás novidades. A máis importante, que a carpa muda de sitio. Lisca do San Martiño para aproveitar os novos aparcadoiros do centro nos parkings de Rego da Balsa (onde se ten celebrado a Oktoberfest). O obxectivo, solucionar os problemas de filtracións de auga que se teñen rexistrado algúns anos na superficie algo irregular do San Martiño; por outro, rendibilizar o maior número de prazas de aparcamento existentes nesa zona, que atraerán tamén á xente de fóra de Carballo que poderá estacionar ben preto da carpa.
A cita coincide un ano máis coa feira da vila
Son 30 establecementos coa mellor oferta en roupa, calzado, fogar, deporte, complementos...
Iso sí, como todos os anos a feira coincide co primeiro domingo de feira de marzo, neste caso os días 12 e 13 do mes, para aproveitar o grande número de xente que se despraza ata Carballo. E ademais, a nova unicación permitirá que os asistentes tamén aproveiten as ofertas do comercio da zona e dos locais hostaleiros.
A listaxe de establecementos con expositor que a día de hoxe teñen confirmada a súa participación na feira é a seguinte: Alonso Moda, Lola's, Deportes San Remo, Maiela, Atmósfera Sport, Moda Suárez, B&S moda de complementos, Un paso máis, O Rastrillo, Coco moda, Farmacia Veterinaria, Calzados Lolita Anido, Perfumería Garrote, Agrobergantiños, El rincón de María, Amar Moda, Benetton, Mímate, O barco dos soños, Alquileres Reneymar, Zapatillería Isabel, Sueño de Hadas, Sos Tronic, Zapatería infantil Kioba, A tenda de Uxía, Hinchables Coruña, La Voz de Galicia, ademais dunha área de descanso e dun posto reservado para o CCA Carballo.
Carballo é comercio. Vinde á nosa feira!