Axenda da finde
Música, arte, teatro, baile ou literatura enchen a finde cos Venres Culturais, citas na biblio ou o festival Incluson; encontrade a vosa cita!
VENRES
Producciones Viridiana vienen desde Aragón
Teatro: Ligeros de equipaje. Crónica de la retirada; Producciones Viridiana. Pazo da Cultura. 21.00 h. A compañía de Huesca Producciones Viridiana presenta o espectáculo teatral Ligeros de equipaje. Crónica de la retirada nos Venres Culturais. A través de dous actores que interpretan a preto de cincuenta personaxes, ofrecen un traballo emocionante e impactante, que nos atrapa desde o primeiro momento e que ven avalado por unha extensa e exitosa xira por toda España. Ligeros de equipaje son os anacos rotos da memoria de alguén que recorda sen querer recordar. Unha historia case esquecida, perdida no tempo. Unha crónica do exilio, de case medio millón de persoas que en 1939 cruzaron a fronteira francesa a través dos Pirineos. A duración prevista do espectáculo é de 90 minutos. Entrada, 4 €; 3 € con prezo reducido.
Inauguración da exposición Dous tempos unha ferida. Cafetería Narúa. 21.00 h. A Cafetaría Narúa (entre a rúa Luís Calvo e a rúa Fiúnchos) acolle a inauguración dunha nova mostra artística. Neste caso trátase de Dous tempos e unha ferida con Teresa Candal e Mon Lendoiro. Candal, licenciada en Belas Artes, céntrase nos retratos e na acuarela. Tamén escribe poesía e relatos e a súa obra pictórica está cargada de referencias literarias. Lendoiro é un dos artistas carballeses máis coñecido, fundador e ex presidente do grupo Crea Formas Artísticas e con participación activa en todas as iniciativas creativas da vila, como por exemplo Derrubando Muros con pintura. Desta volta uniron os seus esforzos nesta mostra que conta con cino poemas e dúas versións artísticas diferentes. Entrada de balde.
Concerto de La Reunión Sl. Sala Dublín. 23.00 h. Se queredes gozar da boa música tendes unha cita coa banda residente na Dublín: La Reunión Sl. O público terá a oportunidade de formar parte dunha espectacular descarga musical de latin jazz, bossa-nova, funky e outros estilos, como a música cubana, fusionada ao máximo. Entrada libre.
SÁBADO
Presentación do libro Saudade, de Fernando Fernández Rego. Biblioteca Rego da Balsa. 12.00 h. Saudade é a primeira biografía oficial de Andrés do Barro, unha figura central na historia do pop español e aínda pouco coñecida polo público de hoxe. O libro toma o seu título dun dos temas emblemáticos do artista, Teño saudade de ti, e percorre os principais fitos na súa vida. Contén ademais un caderno central que reproduce numerosa documentación cedida pola familia, como manuscritos, apuntamentos e debuxos, así como abundantes fotografías procedentes do álbum familiar, con momentos íntimos ou escenas da súa vida cotiá. A cita contará coa presenza do autor. Entrada libre.
Festa de Entroido. Local Social de Artes. 17.00 h. O Local Social de Artes acolle unha festa de Entroido na que haberá un Concurso de disfraces en categoría infantil e adultos, sobremesas típicas e o sorteo de cestas de produtos típicos de Entroido. Organiza a cita, que se desenvolverá entre as 17.00 e as 20.00 horas, a AC Aquelarre de Artes. Entrada libre.
DOMINGO
Festival Incluson . Pazo da Cultura. 17.00 h. A Asociación Aloumiños, coa colaboración do Concello organiza o festival Incluson. A cita xira arredor de María Fumaça, un proxecto no que traballan artistas como Uxía, Sergio Tannus, Magin Blanco ou Santiago Cribeiro. Co gallo deste concerto-espectáculo, Aloumiños quere celebrar o primeiro festival no que todas as diversidades funcionais estean atendidas. Representantes da entidade estarán dispoñibles dende as 17.00 h. para vender rifas para recadar fondos para a entidade. Ademais, os interesados e interesadas poderán obter información sobre Aloumiños nun espazo reservado a tal fin, e mesmo poderán facerse socios e socias se o desexan. Pouco antes do concerto, haberá tamén unha presentación para explicar os obxectivos de Aloumiños e logo xa comeza a festa no auditorio coa música pola diversidade. Durante toda a xornada, quen o desexe poderá posar nun divertido photocall. Entrada libre no festival. Entrada de pago para o concerto.
Concerto-espectáculo de María Fumaça. Pazo da Cultura. 18.00 h. Carballo festexa o Día da Lingua Materna e tamén a diversidade con Aloumiños ao ritmo da rumba, da muiñeira, da samba, do hip hop ou do rock de María Fumaça. A cantante Uxía e Compañía (Sergio Tannus, Magín Blanco ou Santiago Cribeiro) viaxan neste espectáculo creado para agasallar a Rui ─un neno con capacidades especiais─ e que nos reencontra cun mundo no que todo é posible, en especial a maxia e a felicidade. Entrada, 3 €; 2 € con prezo reducido.
VENRES, SÁBADO E DOMINGO
La muestra puede visitarse de 18.00 a 21.00 horas
Exposición "Rojo". Piso -1 del Pazo da Cultura. De 18.00 a 21.00 h. el piso -1 del Pazo da Cultura acoge hasta el 28 de febrero"Rojo", una exposición fotográfica del Colectivo coruñés Aula K. La muestra presenta la percepción y reflexiones personales de cada uno de los autores participantes a través de este color, realizando un interesante recorrido con imágenes sorprendentes, impactantes, originales y también evocadoras. Los fotógrafos que participan en la exposición son Alfredo Varela, Ángel Cordero, Antón Varela, Basti Soto, Brais Quintero, Carlos Rodríguez, Carolina Lorenzo, Lupe Vázquez, Manuel Vicente, Paola Verlo, Pablo Santiago, Pedro Acarree, Rodrigo Moreiras y Rubén Fabeiro. Esta cita está enmarcada en la programación de Viernes Culturales 2016. Entrada libre.