Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Hai quen ve a vida de cor rosa... nós estes días...

Compartir:

Hai quen ve a vida de cor rosa... nós estes días preferimos vela en Vermello

A exposición do colectivo Aula K pode visitarse no andar -1 do Pazo da Cultura até o domingo 18 de febreiro: de 18.00 a 21.00 h.

Imaxe da mostra de Paola Velo

Imaxe da mostra de Paola Velo

Coma un xogo e coma unha forma de expresar a percepción e as reflexións persoais de cada un dos autores participantes na mostra. Así aparece "Vermello", a exposición que o colectivo Aula K, asociación con sede na Coruña cunha traxectoria de máis de 20 anos a prol da divulgación e da ensinanza da fotografía e o audiovisual, agasalla a todos os carballeses e carballesas, e a quen queira vir a visitarnos ao andar -1 do Pazo da Cultura. Os autores das instantáneas son Alfredo Varela, Ángel Cordero, Antón Varela, Basti Soto, Brais Quintero, Carlos Rodríguez, Carolina Lorenzo, Lupe Vázquez, Manuel Vicente, Paola Velo, Pablo Santiago, Pedro Carrete, Rodrigo Moreiras e Rubén Fabeiro.

E ademais de propoñer esta ollada particular en vermello, propoñen un xogo, que reside na habilidade do espectador para seguir as pegadas do vermello a través dun texto elaborado no que, paso a paso, perseguimos as imaxes que nos amosan. Non dubideles en lelo, nin en buscar o seu significado. Poderedes facelo até o domingo 28 de febreiro de 18.00 a 21.00 horas de luns a domingo.

Dende a rúa ata Marte...

Fotografía de Ángel Cordero

Fotografía de Ángel Cordero

O texto que ilustra a exposición, e que axuda a ligar as fotografías no maxín do espectador, é o seguinte:

"Un bo día a cor vemella decidiu saír á rúa e agasallar coa súa calidez a cantas cousas atopara no seu camiño.

Escapou pola fiestra deixando a súa pegada no espazo abandonado e tinguindo a roupa que penduraba triste e solitaria nun tendal. Tamén tinguiu a choiva, que caída coma pintura; acompañou na súa viaxe ás pingas que salpicaban no chan e mirouse reflectida nos charcos baixo a forma de camións, farolas, globos...

Buscou refuxio entre os soportais, calzou catiúscas, montou en bici e mesmo estivo a piques de viaxar nunha Vespa, pero preferiu confundirse entre vestidos de baile, saias femininas sensuais, bonecas esquecidas...

...Ocorréuselle quentar o tempo nun reloxo para que todo fora máis rápido. Fíxose pequena para camiñar polos sendeiriños de sedución que alumean no rostro humano e caeu espallada nun prato dándolle un susto de morte a unha cebra que habitaba nel. Escapou de alí disfrazada de tomates e, desta guisa, convenceu a un semáforo e máis aou seu fillo pequeno para que prohibiran todo a todo o mundo.

Tentou agocharse entre a neve e pasar desapercibida nunha parede, pero non era doado para unha cor coma ela.

Así que, acompañou a un señor de idade no seu último baño, xa entre lusco e fusco.

Xa á noite, coqueteou coas penumbras dunha estación de tren e percorreu a cidade tralos luminosos do seu tráfico.

Ao fin, vírona no interior dun auto rumbo a Marte para comprobar se alí hai montañas da súa mesma cor".


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica