Carballo a un paso

Inicio // Artigos // As 31 perspectivas doutros tantos artistas de...

Compartir:

As 31 perspectivas doutros tantos artistas de Muxía e Carballo: en Miradas 4

Se vos gusta a arte non podedes deixar de visitar esta exposición no terceiro andar do Pazo da Cultura: até o 18 de febreiro

Foto de familia dos artífices da mostra

Foto de familia de algúns dos artífices da mostra

Volve o mellor da arte de Carballo e da Costa da Morte ao Pazo da Cultura. E faino coa mostra "Miradas 4", unha exposición colectiva de 31 artistas de Carballo e Muxía coa que se pretende dar a coñecer os traballos que están a desenvolver. A escolma de propostas recolle distintos formatos e, sobre todo, distintas olladas e maneiras de ver o mundo e a arte a través da pintura, a escultura, a fotografía ou o gravado. Poderemos ver cadros que van dende homenaxes á Venus de Boticelli, ata orixinais visións da natureza ou mesmo o mundo abstracto. A mostra, incluída nos Venres Culturais 2016, pode visitarse a diario -de luns a domingo- até o xoves 18 de febreiro de 18.00 a 21.00 horas na sala Alberto Gende situada na baixocuberta do 3º andar do Pazo da Cultura.

Un dos cadros da exposición

Un dos cadros da exposición

A relación dos artistas que colaboran na exposición é a seguinte: Adriana Díaz, a. m. a., Anónimo, Antonio Reino, Antonio Taracido, Antonk, Chérie Trillo, Chiña, Emi de las Heras, Eva Facal, Flor Taracido, Isa Fernández, Javier Rodríguez, Laura Tova, Lois Búa, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, O´Mighelo, Rakele Cavallo, Raúl Herrera, Risé, Santi Picos, Teresa Búa, Teresa Candal, Tomás Luna, Xesús Búa, Yano Yoro e Zizi. 

Gozade coa arte! Gozade con Carballo!


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica