Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Entroido carballés aumenta a contía dos seus...

Compartir:

O Entroido carballés aumenta a contía dos seus premios e reparte 7.000 euros

Xa está aberto o prazo para anotarse no Concurso de disfraces, comparsas e carrozas e no Enterro da Sardiña

Cartel Carnaval 2016

Carballo vístese de Entroido un ano máis e convoca o Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido, que terá lugar o domingo 7 de febreiro ás 18.00 horas e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da capital municipal. Como en anos anteriores, o concurso está dirixido tanto a adultos como a nenos e nenas e recolle diferentes modalidades de participación: individual, grupos, comparsas e carrozas, así como un premio especial ao Choqueiro de Bergantiños (participante que pode estar inscrito en calquera das categorías).
 
Este ano, incrementouse a contía dos premios do concurso ata máis dos 7.000 euros, dos cales, case 4.000 euros están destinados a gratificacións de 150 euros ou 250 euros por participar (aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas), xa que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación. Os máis de 3.000 euros restantes repartiranse entre os 14 premios previstos.

A inscrición poderá realizarse nas Oficinas do Pazo da Cultura, no caso de comparsas e carrozas do 25 de xaneiro ata o 5 de febreiro e a no do resto das categorías ata unha hora antes do mesmo día do desfile (nese caso na Praza do Concello). Co obxecto de velar pola seguridade de participantes e espectadores, o Concello quere facer fincapé na importancia de respectar as medidas de seguridade, en especial, na construcción de carrozas.

Enterro da Sardiña

Tamén está aberto o prazo de inscrición do Enterro da Sardiña, que se celebrará o martes 9 de febrero a partir das 21.00 horas. Nesta actividade poderán participar todos aqueles grupos de nenos e nenas e/ou adultos compostos por un mínimo de cinco persoas ataviadas coas roupas e obxetos dunha "comitiva fúnebre" para acompañar ao enterro.

Para inscribirse, os interesados e interesadas poden facelo desde o 25 de xaneiro ata o 5 de febreiro na Concellaría de Cultura de 10.00 a 14.00 horas e o martes 9 de febreiro (día do Enterro da Sardiña) antes do inicio da actividade de 19.30 a 20.30 horas na Casa do Concello.

Non faltedes ao Entroido de Carballo!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica