Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volve Mercarte cos mellores traballos dos...

Compartir:

Volve Mercarte cos mellores traballos dos creadores locais

Do 26 ao 29 de decembro no segundo andar do Mercado Municipal con obradoiros e postos de venda ao público

Mercarte 2015

Un total de 21 creadores e creadoras de Carballo e a contorna, pero este ano tamén chegados de puntos máis distantes, como Ordes ou A Coruña, danse cita por terceiro ano consecutivo en Mercarte, cita organizada polo colectivo Crea Formas para "achegar a arte e a artesanía que facemos a xente local aos veciños e veciñas dos arredores", segundo explica Laura Tova, integrante da asociación.

Quen se acheguen ata o segundo andar do Mercado de Carballo poderán ver o traballo dos artistas, e nesta edición, ademais, poderán compralo in situ nun total de 20 postos. Laura Tova explica que este cambio era algo moi demandando polo público, que contactaba cos artistas na feira pero que tiña que volver a contactar con eles máis adiante para mercar o seu traballo. Agora, todos e todas os que se acheguen poderán ter as obras ao alcance da man, e tamén con propostas moi variadas, tanto en formato, como en prezos ou temáticas.

Ademais desa novidade substancial, Mercarte garda outras sorpresas para este ano, como a presenza dun obradoiro de orfebrería, o luns 28 ás 13.00 horas con Susi Gesto; ou dun taller de coiro on Rodríguez Zapateiros o domingo ás 19.30 horas. Así, Mercarte ofrece a posibilidade de levar arte para a casa, pero tamén de crear no propio Mercado, con talleres de moito éxito, para nenos e nenas, pero, subliña Laura Tova, no que tamén poden participar os máis adultos. De feito, Crea Formas espera que este ano se animen a participar os maiores, xa que todas as citas son de balde e ensinan a crear obxectos como máscaras de Nadal ou mesmo xoias, a customizar pedras ou ovos, a traballar con barro, a crear postais ou galletas de Nadal e tamén a adentrarse en disciplinas máis tradicionais coma o debuxo.

Horarios de apertura

Mercarte 2014

Mercarte 2014

A inauguración está prevista para o sábado 26 ás 20.00 horas e contará cunha sorpresa, unha actuación musical a cargo dunha cantante coruñesa, Mamen. A exposicións de postos abrirase de 21.00 a 22.30 horas. Xa do domingo 27 ao martes 29, o horario de apertura é de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas.

Se vos gusta a arte e a creatividade, en Carballo vendemos imaxinación con Mercarte! Non faltedes!

Podedes consultar no documento abaixo adxunto os horarios e todos os detalles da programación.


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica