En Carballo tamén comemos o teatro con "Dálle un bocado ao FIOT"
Tapas e almorzos de inspiración fioteira en 14 locais hostaleiros os días de función de sala durante o Festival Internacional Outono de Teatro
Cafetería de Maná ofrece o almorzo "Jamón del diablo"
Pode comerse o teatro? En Carballo si que se pode con “Dálle un bocado ao FIOT”. Durante o mes de outubro o festival chega tamén ata catorce establecementos de hostalaría de Carballo (restaurantes, cervexarías, viñotecas ou cafetarías) que preparan os seus “bocados” especiais inspirados no Outono de Teatro. Con nomes tan orixinais como “Milhojas para Julieta”, “Otelo”, “Fiotiño de mar” ou “Un soñador para un pueblo”, cada local bebe das fontes da escena teatral para ofrecer unha proposta distinta, orixinal e especial para o FIOT. Segundo o tipo de negocio, serviranse tapas a 2 euros, ou almorzos a 3 euros. Todos e todas os que proben unha destas tapas, pinchos ou almorzos participan nun sorteo de entradas para o FIOT de 2016, ademais dun aloxamento de balde nun establecemento de Carballo para poder asistir á función. O gañador do ano pasado é Manuel Rial Santos, que este ano asistirá gratis a unha representación. Parabéns!
Animación teatral
E por se iso non fose suficiente, os clientes dos locais participantes sorprenderanse con pequenas intervencións teatrais relacionadas coa temática do FIOT coa presenza de novos actores e actrices carballeses, dirixidos pola intérprete, tamén de Carballo, Alba Bermúdez.
Os "bocados" do FIOT poderán saborearse os días 9, 11, 16, 17, 18, 23, 24, 30 e 31 de outubro nos seguintes catorce locais:
- A Barra Bar: "Oe, oe, oe" (tapa)
- Bodegón O Pescador: "Entre dous mundos" (tapa)
- Café Colón: "Calderón de la barca" (almorzo)
- Cafetaría Pazo da Cultura: "Chapito" (tapa)
- Cafetería Abastos: "Otelo" (tapa)
- Cafetería de Maná: “Jamón del diablo” (almorzo)
- Cafetería Valle Inclán: "Sonata de otoño" (almorzo)
- Cervexería A Bombonera: "Fiotiño de mar" (tapa)
- Cervexería Ágora: "Milhojas para Julieta" (tapa)
- Mesón A Cabaña: "Abanico de colores" (tapa)
- Restaurante Oasis: "Ratatouille" (tapa)
- Tasca A Cova: "Amina" (tapa)
- Tomasa Taller de Repostería: "Un soñador para un pueblo" (almorzo)
- Vinoteca Ánfora: "Noite de ruada" (tapa)