Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A praia de Razo-Baldaio muda o 3 e o 4 de outubro...

Compartir:

A praia de Razo-Baldaio muda o 3 e o 4 de outubro nun centro de pesca deportiva

Carballo acolle o I Open Pesca Razo, un certame pensado para fomentar este deporte entre afeccionados e neófitos que reparte 2.000 euros en premios

Open Pesca Razo

Un pescador na praia de Razo

Os afeccionados á pesca tendes unha cita a primeira fin de semana de outubro en Carballo co I Open Pesca Razo, ou #pescarazo, a primeira competición de pesca deportiva que se celebra nos areais carballeses e que concregará a numerosos afeccionados na praia de Razo- Baldaio. O certo é que o noso litoral é fantástico para a pesca con cana dende costa, e os seus casi sete quilómetros de largo permiten albergar calquera evento de pesca deportiva por muy grande que sexa. Toda a fin de semana está concibida como un punto de encontro para toda a familia, de tal xeito que non só os competidores, senón tamén os acompañantes e o público asistente coñeza a arte da pesca, xa que está previsto organizar cursiños e charlas de achegamento a este deporte para todas aquelas persoas que se acheguen para gozar dos nosos areais.

Os interesados poden anotarse a través de www.pescarazo.com até o mércores 30 de setembro

A proba contará con dúas modalidades, unha que terá lugar o sábado 3 a partir das 16.00h, o surfcasting; e outra o domingo 4 a partir das 8.00h, o spinning. Para quen non o saibades, o surfcasting é unha modalidade na que se lanza a cana ao mar dende a beira e o nome vén dun termo inglés que significa “lanzando ás ondas”. Normalmente é unha disciplina moi tranquila, xa que unha vez lanzada a cana, crávase na área e toca esperar. A excepción son as competicións, xa que os participantes perseguen acadar as mellores presas.

Na modalidade spinning, de creación bastante recente, os participantes interactúan máis coa agua, na que lanzan e recollen a cana unha e outra vez empregando un peixe artificial para tentar ás presas. Require bastante habilidade, xa que os pescadores deben atraer aos peixes sen empregar ningún reclamo vivo.

Inscricións

Open Pesca Razo

O concurso desenvolverase na contorna do Camping de Baldaio, establecéndose áreas de pesca de 30 metros de ancho dende a zona de camping en dirección a Razo. Está prevista a presenza campións de Galicia e da Coruña na proba de surfcasting, e espérase a participación de entre 50 e 75 persoas por categoría. Os interesados e interesadas en anotarse poden facelo até o 30 de setembro na páxina web www.pescarazo.com, a través do teléfono 644 22 75 54 ou no enderezo electrónico <info@pescarazo.com>. A cota de inscrición para surfcasting é de 25 euros; e para spinning de 15 euros.

Convidámosvos a todos e todas a achegarvos ás nosas marabillosas praias, sexades afeccionados ou non a este deporte, para gozar do noso litoral e aprender un pouco máis sobre o deporte da pesca. E sorte a todos os participantes!


Ligazóns

Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica