Doce horas en bici de montaña
Un total de 278 persoas participarán na sétima edición do Circuíto BTT de Carballo. Entre elas, o ciclista ruso Isaev Yury. O carballés Víctor González Gende, do C.C. Monte Neme, parte entre os favoritos.
Serán doce horas en bici de montaña, das dez da mañá ás dez da noite, con principio e fin no Polígono de Bértoa. A séptima edición do Circuito BTT 12 horas, organizado pola Asociación Deportiva Media Ducia, terá lugar este sábado, 22 de agosto.
Será unha proba non competitiva, e xa que logo, non haberá clasificacións oficiais, mais si recompensas en formas de diplomas, camisetas e regalos. Carballo dá mostra, máis unha vez, dun dinámico tecido asociativo no eido deportivo. O ciclismo é un dos deportes con aficción destacada en Razo, como dan conta as entidades creadas ao seu redor e as diversas probas que, ao longo do ano, se organizan.
A proba contará con modalidade individual e por equipos, que poderán estar conformados por dous, tres ou catro corredores e/ou corredoras que se irán relevando ao longo da xornada. O número de voltas que cada equipo consiga dar estará controlada mediante un chip que portarán cada unha das persoas participantes.
Haberá zona lúdica para as e os acompañantes, onde disporán de bar e música de ambiente, e onde se lles informará do desenvolveento da proba. Así mesmo, a organización acondicionará unha zona de acampada gratuíta. Máis información aquí.