Axenda da finde
VENRES
Concerto. David Dominique Jazz. Band. Praza do Concello. 22.30h. Con swing rematará o último dos concertos do Festival Dando A Lata, patrocinado pola empresa carballesa Conservas Calvo no seu 75 aniversario. O concerto será un percorrido polos temas máis coñecidos da época dourada do xénero, dende Cole Porter e Duke Ellington até Frank Sinatra.
SÁBADO
Carballeira de Zas. As actividades comezarán ás catro da tarde. Haberá feira de artesanía e produtos ecolóxicos, comida popular e foliada. Pola noite actuarán a bergantiñá Sés, precedida por Os Viqueiras de Ordes, os coñecidos Luar na Lubre, Paula Rey, os escoceses Skipinnish e Anxo Lorenzo, que correrá a cargo do peche.
TODA A FINDE
Festas de San Cristovo. En Carballo, as festas de agosto comezan no barrio do San Cristovo. O sábado actuará a orquestra Norte na sesión vermú e tamén na verbena da noite, na que tamén contaremos co trío Blanca Doble. O día grande será o domingo. Pola mañá celebrarase a tradicional procesión de San Cristovo, á que adoitan acudir ducias de condutores e condutoras cos seus vehículos. Terá lugar despois da misa das 12.30 horas. A amenización musical correrá a cargo, tanto na sesión vermú como na verbena, da orquestra Madeira.
Fisterra. Festas do Longueirón. Será xa a XXIV edición desta festa gastronómica que se celebra no noso finis terrae. Celebrarase na zona da praia da Ribeira, ao lado da lonxa. Ademais da degustación de longueirón, haberá actuacions musicais, con verbena o sábado pola noite e bailes tradicionais o domingo a partir das seis da tarde, animación infantil e o Asalto ao Castelo.
Ézaro. Festa da Praia. Chega á trixésima edición a Festa da Praia e faino cun completo programa deportivo: maratón de futbol praia (o 1 e o 2 de agosto), campionato de fútbol praia sub-16 (31 de xullo e 2 de agosto) e o campionato de volei praia "Festa da Praia (1 e 2 de agosto).