Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Non todo é fume

Compartir:

Non todo é fume

O Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística analizará, nesta edición, a relación da xente nova co galego. Terá lugar os días 8, 9 e 10 de xullo.

É todo un referente para aqueles/as que saben de lingua. Técnicos de normalización, filógogos e profesionais vinculad@s, dende diferentes ámbitos, ao uso do galego, teñen no Curso de Verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua unha cita en Carballo todos os anos a principios do mes de xullo.

Nesta edición, o curso centrarase no uso do galego por parte da xente nova, nas mudanzas e afianzamentos lingüísiticos na mocidade. Terá lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum de Carballo e levará por lema #nontodoéfume.

Di o dito que xente nova e leña verde, todo é fume. O curso de verán, que este ano chega á súa décimoprimeira edición, quere rebater a sabedoría popular para destacar o moito que a xente nova ten que dicir no futuro da lingua. Ao longo de tres días, reuniranse en Carballo profesoras e profesores non só de Galicia, senón tamén de fóra, como Ferran Suay, doutor en Psicoloxía da Universitat de València e recoñecid@ profesionais non só do ámbito exclusivamente filolóxico senón alén. Tal é o caso das xornalistas Belén Regueira, Sara Torreiro e Lorena Pose, da poeta Maria Lado; de Daniel Vilaverde, de Poetarras, ou de Raquel C. Pico, de Disquecool.

No curso analizaranse os imaxinarios das novas xeracións ao redor da lingua e faranse propostas para achegar as mozas e os mozos ao galego dende ámbitos como a música, ao audiovisual, a literatura e o humor.

Atoparás o programa completo na web do curso. A matrícula debe facerse a través da páxina web da Universidade da Coruña, no apartado de cursos de verán.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica