Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O Campionato de Autocross, en Carballo

Compartir:

O Campionato de Autocross, en Carballo

Este sábado terá lugar no Circuíto de Bértoa a terceira edicón do Autocross Carballo, probapuntuable para o Campionato Galego.

Este sábado os motores volverán a bruar en Bértoa. Farano coa terceira edición do Autocross Carballo, proba puntuable para o Campionato Galego de Autocross. Serán un total de 74 os pilotos participantes, entre os que poderemos encontrar os mellores condutores e os mellores vehículos de  -1.600 (17 inscritos), +1.600 (18), 4 x 4 (9) y carcross, que será a proba máis espectacular e tamén a máis numerosa, cun total de trinta persoas inscritas. A xornada comezará ás dez da mañá coas verificacións. Ás 12.00 terán lugar os entrenamentos; ás 15,30, as semifinais e ás 17, 30 as finais.

As instalacións de Bértoa consolídanse así como circuíto de referencia en Galicia. Despois de varios anos pechado, o circuíto conseguiu, en tan só un ano, con destacado prestixio no eido autonómico. Fixérono posible as melloras nas intalacións acometidas polo Concello e a actividade dinamizadora da Escudaría Máis Motor, que logrou que Carballo volvera formar parte do calendario do Campionato Galego.

O Autocross Carballo é un bo exemplo do bo músculo que o deporte ten na capital bergantiñá, unha vila nova cun tecido social mozo e dinámico, con equipos que destacan en varias disciplinas tanto a nivel Galicia como no eido estatal. O deporte é, xa, un dos principais motores dinamizadores do turismo na vila, grazas a gran cantidade de persoas que logra atraer aos distintos eventos deportivos que, ao longo do ano, aquí se celebran.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica