Axenda da finde
Sendeirismo, concertos, teatro, deportes e, como non, domingo de feira. Todo isto na axenda da finde carballesa.
![](media/../media/img/club-ciclista-placasa.gif)
Día de concienciación de limpeza de praias. Praza de Razo. 11.00h Sysca. O Club Sysca celebra, este sábado pola mañá, o Día de concienciación de limpeza praias e respecto ao medio ambiente. As e os deportistas do club participarán na recollida de residuos da praia, ao igual que pais, nais, escolas, os mozos e mozas do curso de adaptación e mesmo outros clubs que xa confirmaron asistencia.
Trofeo ciclista do Concello de Carballo. A partir das 15.00h. Serán 200 as persoas ue participarán o sábado pola tarde na nova edición do Trofeo Concello Carballo. A competición dividirase en seis probas: feminina, cadete, júnior, alevín, infantil e proba de habilidades). As mulelres serán as primeiras en saír, ás 15.00 e dende a Praza do Concello, punto de partida dun traxecto de case 33 kilómetros. Seguirán os cadetes (16.30h), júnior (as 18.00 horas), alevíns (18.00h) e infantís (18.30h). A proba de habilidade será ás 19.00 horas na Praza do Concello.
Teatro. "Crispín e a profecía dos Vikingos". Pazo da Cultura. 20.30h. A Asociación Cultural Coro Vagalume poralle fin á programación das letras con dúas obras que representará nesta fin de semana, a primeira delas, "Crispín e a profecía dos Vikingos". A entrada será con invitación. Para conseguila, cómpre poñerse en contacto con Mónica Liñares (645930038)
Concerto de Lehnen e The Sonic Light.Sala A Reserva. 21.00h. Dende Viena chegará a música dos Lehnen, un cuarteto conformado por dous estadounidenses e dous austríacos que teñen previsto sacar en breve o seu cuarto álbum. O seu estilo calla no post rock, aínda que tamén amosa influencias do post hardcore o o post etal. The Sonic Light traeranos o seu rock alternativos con influencias variadas, dende Muse ou Radiohead até Arctic Monkeys ou Black Keys. 5 euros.
![Ruta polos ríos de Sofán Ruta polos ríos de Sofán](media/../media/img/sofan.jpg)
Ruta polos ríos de Sofán
Ruta sendeirista por Sofán. Todo o día. O domingo, a asociación ambiental Senda Nova proseguirá co seu programa do "Primavera en ruta". Nesta ocasión trasladaranse Sofán, nunha fermosa ruta que decorrerá polas ribeiras dos ríos que cruzan a parroquia. O último día para inscribirse é o venres, 22. Máis info aquí.
Teatro. "Escola de piratas", "Todo é un conto e "Un conto de piratas". A partir das 18.00h. Pazo da Cultura. As tres funcións correrán a cargo da Asociación Cultural Coro Vagalume. A entrada será con invitación. Para conseguila, cómpre poñerse en contacto con Mónica Liñares (645930038)