Petos de ánimas
Peto de ánimas de Oza
Os petos de ánimas representan as almas padecendo no purgatorio. Coas esmolas botábanse misas para redimilas e liberalas dos seus padecementos.
En Oza atoparás un preto da igrexa parroquial, de grandes dimensións e ben conservado.
Tamén é destacado o do lugar da Brea, onde aínda podes distinguir restos de cor no vermello das chamas.
No concello hai aínda outros dous máis: no muro do cemiterio de Ardaña e en Cances, na base dun cruceiro no muro do adro.