Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Concertos de Agoraphobia e Fito e os Frikipaldis, sendeirismo por Caión, monólogo de Carlos Blanco... Completa vén a axenda da finde en Carballo.

VENRES

Concerto de Agoraphobia. Sala A Reserva. 23.00h. Comezaron en 2006, en plena adolescencia e da man da música punk, e chegaron ao momento actual cun son máis próximo ao garaje rock. Este venres, na Reserva, poderemos comprobar o talento das catro integrantes desta banda, recoñecido con diversos premios a nivel estatal e galego nos últimos anos, como o VodafoneYu Music Talent, o Música Xove ou o Curota Sound.

Concerto de Fito Mansilla e Diego Frikipaldi. Sala Dublín. 24.00h. Esta parella de artistas que renden tributo aos Fito e os Fitipaldis fan parada o venres, na Sala Dublín, para presentarnos os seus últimos traballos: “Pulsiones” de Fito Mansilla e “Preparado para malvivir felizmente del Rock” de Diego Frikipaldi.

SÁBADO

“Apicultura para novatos”. Local social de A Brea. 10.30h. A actividade, incluída dentro das Semanas da Natureza e Paisaxe organizada pola asociación ambiental Senda Nova, incluirá charlas,mostras de utensilios e dinámicas para pequen@s e maiores. A actividade é gratuíta e non precisa inscrición previa.

Monólogo de Carlos Blanco. Sala Dublín. 23.30h. O coñecido actor e monologuista volverá a Carballo e amosaranos de novo o seu talento á hora de arrincarnos o riso coas historias que é quen de argallar.

DOMINGO

Sendeirismo. Camiños de Caión. Todo o día. A Asociación Senda Nova prepara para este domingo unha nova saída á natureza, neste caso con sabor a mar, pois levaranos até as costas de Caión. Serán en total 15 quilómetros de dificultade media.

A saída, ás 9.00 do concello de Coristanco, ás 9.15, do concello de Carballo e ás 9.30 do concello de Caión. As inscricións, até dous días antes. O prezo, 6 euros para soci@s e 3 para non soci@s.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica