Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Este finde prosegue en Carballo o ciclo Primavera en Danza, e haberá máis: blues, club de debate, sendeirismo e até un obradoiro de bioconstrución.

VENRES

Danza. Pisando ovos. Pazo da Cultura. 21.00h. Segue o ciclo Primavera en danza, e faino con duas funcións esta fin de semana. A primeira, o venres, no Pazo da Cultura, leva por nome "Que volvan as flores" e correrá de man da compañía Pisando Ovos e da coreógrafa e bailarina Rut Balbís. Unha obra que se renova cada vez que se representa, que xoga co volume que as 25 cadeiras sobre escea lle dan á imaxe. Máis info aquí.

Blues "Miki Nervio and the Bluesmakers". Sala A Reserva. 23.00h. A deste venres é noite de blues na sala A Reserva, que contará cunha banda con ampla traxectoria no panorama musical galego. O grupo atesoura un total de cinco CDs gravados, participacións en varios festivais e preto de 500 actuacións nas súas máis de dúas décadas de vida. Máis info aquí.

SÁBADO

Danza con colectivo Fume

Danza con colectivo Fume

Obradoiro de bioconstrución para público infantil. Rodo, nº 16 10.30h. O obradoiro "Coas túas mans" está organizado pola asociación ambiental Senda Nova dentro do programa das Semanas da Natureza e Paisaxe. Impárteno Roberto Rivas e Elena Sanmamed, con prazas para até 20 nenos e nenas de 8 anos en adiante Máis info aquí.

Danza. Colectivo Fume. Pazo de la Cultura. 21.00h.  Sombras, cine e danza os tres ingredientes esenciais da obra que o colectivo Fume nos trae para o sábado, dentro do ciclo "Primavera en danza". Un espectáculo vangardista baseada na creación de xogos visuais a partir das imaxes da curtametraxetraxe "E as chemineas decidiron escapar", do realizador Oliver Laxe. Máis info aquí.

DOMINGO

Senderismo. Coristanco histórico. A Primavera en Ruta, o programa sendeirista organizado pola asociación ambiental Senda Nova, trasladarase este domingo até o concello veciño de Coristanco. Será unha ruta de 21 quilómetros e dificultade media, que se estenderá ao longo da mañá. A data límite para a inscrición remata o venres. Os puntos de inscrición, a base de Protección Civil de Carballo, os departamentos de Cultura e Deportes da Laracha e de Coristanco, e o local social de Senda Nova na rúa Venezuela..

Club de debate. Final gallega. Mañana y tarde. Club de debate. Final galega. Mañá e tarde.Será unha batalla dialéctica en toda regra. Ao longo da xornada do domingo, dende as dez da mañá até as sete da tarde,  terá lugar a final do Club de Debate, proxecto de dinamización lingüística impulsado por varios concellos en colaboración coas equipas de normalización e dinalización lingüística dos centros de ensino secundario. O IES carballés Parga Pondal está entre os catro equipos que chegaron á final. O tema a debate: "Herdamos o galego, temos que transmitilo".


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica