Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo, capital do balonmán esta Semana Santa

Compartir:

Carballo, capital do balonmán esta Semana Santa

O Carballo Handball Festival reunirá entre o 2 e o 4 de abril 800 rapaces de categorías benxamín, alevín, infantil e cadete

En Carballo, o turismo tamén é deporte. Son varios os equipos da vila clasificados en categorías destacadas e iso fai que sexan moitas as persoas que, dende outros puntos de Galicia e do Estado, cheguen á nosa vila. Tal é o caso do Calvo Xiria, o senior masculino, que xoga en 1º estatal, ou do Goldie Xiria, o sénior feminino, que xoga en 1ª autonomica, aos que se unen as categorías xuvenil, cadete e infantil masculino, que compiten en División de Honra.

Esta Semana Santa, ao redor dos 800 rapaces, chegados de 15 clubs de Galicia e de Portugal, participarán na primeira edición do Carballo Handball, o torneo de balonmán que organizán as escolas Xiria xunto co Concello e a a Federación Galega.

Será entre o xoves 2 e o sábado 4 de abril, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas nas instalacións do Colexio Fogar e dos pavillons Vila de Noia e Carballo Calero. Competirán as categorías benxamín, alevín, infantil e cadete  nunha cita que quere darlle repercusión ao deporte de base.

Pola vila pasarán clubs de referencia en Galicia e no resto de España, como o Luceros de Cangas, a SD Teucro e o BM Cisne de Pontevedra, e tamén en Portugal, con equipos como o ABC de Braga, o Ada Maia Ismai ou o São Paulo de Oleiros.

Os benxamíns e alevíns xogarán todos os días pola mañá e pola tarde, mentres que os infantís e cadetes descansarán o xoves e o sábado pola mañá, neste último caso para facer unha saída para coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio, en especial aqueles con interese paisaxístico.

Podes consultar aquí os horarios.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica