Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo: primavera mirando ao mar

Compartir:

Carballo: primavera mirando ao mar

Esta primavera, o mar chegará en imaxes ás fiestras dos edificios abandonados de Carballo. Unha das moitas actividades que se desenvolverán no último trimestre do noso proxecto GAC.

Visita ornitolóxica á lagoa de Baldaio

Visita ornitolóxica á lagoa de Baldaio

"Un lugar na costa máis pendente do campo que do mar, como un do interior". Así definía o noso humorista máis mediático, Rober Bodegas,  Carballo. Co fin de concienciar sobre o valor do noso litoral, nace o novo proxecto GAC (Grupo de Acción Costeira) que se desenvolverá até o mes de xuño en Carballo. En marzo organizáronse, para todas aquelas persoas que quixeran participar, e de balde, un roteiro paisaxístico de Razo a Baldaio, unha visita ornitolóxica á lagoa de Baldaio e un safari fotográfico.

Nos meses que quedan estenderanse as actividades de sensibilización a todos os colexios da vila e terá lugar unha curiosa iniciativa: as fotos do safari fotográfico serán empregadas para cubrir as fiestras de edificios abandonados da vila. Unha acción que pretende embelecer o noso núcleo urbano facendo que o mar salve coas imaxes eses dez minutos que o separan da capital bergantiñá.

Nestes  meses replicarase, coa rapazada de infantil e de primaria de todos os colexios do concello, o roteiro paisaxístico e o ornitolóxico pola costa. Así mesmo, @s nen@s poderán dar conta das súas dotes creativas no concurso de relatos sobre o litoral que se levará a cabo terán oportunidade mesmo de poñerse na pel dunha mariscadora na actividade "Mariscadores/as por un día", onde as mulleres da asociación Fonte de Santa Helena lles ensinarán o seu oficio, lles amosarán como coller berberecho e lles transmitirán o valor da nosa costa. Ninguén mellor que as xentes do mar de Baldaio para facelo, pois foron elas quen recuperaron para uso público este espazo natural nos anos 90 do século pasado tras ser ser esquilmado por unha empresa extractora de area dende a posguerra.

Dos coles aos institutos

Visita ornitolóxica á lagoa de Baldaio

Visita ornitolóxica á lagoa de Baldaio

Para o alumnado de secundaria, levaranse a cabo bautismos de surf, co fin de promover este deporte, que todos os anos chama a mozos e mozas de diferentes puntos do estado e do estranxeiro ao noso concello, tamén entre a xuventude local. Tamén aos rapaces e rapazas de instituto se dirixirá o concurso de vídeos feitos co móbil. Ambas as dúas actividades terán lugar no mes de maio.

As fotos do safari fotográfico serán utilizadas para a vindeira publicación con texto e imaxes sobre a nosa costa. Proximamente sairán as bases ás que se deberán acoller todas aquelas persoas que queiran que queiran prestar as fiestras das súas vivendas abandonadas para ser cubertas con imaxes do noso mar.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica