Axenda da finde
Safari fotográfico e ruta ornitolóxica pola nosa costa, humor con Yoni Mediogramo, concertos con A Cada Canto e Villanueva e teatro infantil con Cándido Pazo. Quen da más?
VENRES
Concerto de Acadacanto. Pazo da Cultura. 21.00h. O venres, en Carballo, teremos a catro grandes da música galega cantándolle a Rosalía no proxecto Acadacanto. Son Guadi Galego, Xabier Díaz, o guitarrista Guillerme Fernández e o acordeonista Lois Romero. Os prezos das entradas, como de costume, serán a 3 euros (2, o prezo reducido para estudantes e maiores de 65 anos).
SÁBADO
Playa de Razo
Safari fotográfico. Á caza da beleza en imaxes, o safari fotográfico que organiza a concellaría de Promoción Económica de Carballo percorrerá a tarde do sábado diferentes puntos de interese do noso litoral. A actividade desenvolverase entre as tres e as sete da tarde. Poden participar fotógraf@s afeccionad@s ou profesionais e é preciso contar cunha cámara réflex ou similar. O punto de quedada será o Museo de Bergantiños, dende onde partirá un bus. A actividade é de balde e precísase inscrición previa, chamando ao Museo de Bergantiños (981 702077) ou escribíndolles a MUSEO@carballo.org. Más info aquí.
Concerto de Villanueva. Sala A Reserva. 23.00h. Do rock máis elegante ao pop máis ácido e descarado, Villanueva preséntanos o seu proxecto en solitario, "Viajes de ida", un traballo que está a colleitar louvanzas, premios e boas críticas, sendo un dos discosUn disco que está recollendo louvanzas, premios e boas críticas e, tal e como destaca A Reserva, conseguiu estar mesmo entre os discos máis valorados no mundo do pop estatal no 2014. Prezo: 3 euros.
Humor con Yoni Mediogramo. Sala Dublín. 23.30h. Este sábado chegan a Carballo os monólogos do bufón urbano Yoni Mediogramo.
O personaxe é creación do actor, cantante, contacontos, clown e guionista, Juanillo Estéban. A entrada, a 5 euros (3 en venda anticipada).
DOMINGO
Baldaio
Roteiro ornitolóxico. Dentro do proxecto "Carballo, mirando ao mar", que pretende dar a descubrir a beleza e o valor do noso litoral, organízase esta ruta. A lagoa de Baldaio, espazo natural e lugar de interese comunitario, é, ademais, zona de especial protección para as aves. Son moitas as que viven ou hibernan aquí. Teremos oportunidade de coñecelas neste roteiro que terá lugar o domingo pola mañá. Inscricións até o venres no Museo de Bergantiños (981 702077 e MUSEO@carballo.org). Máis info aquí.
Teatro familiar con Cándido Pazó. Pazo da Cultura, ás 18.00h. A Cándido Pazó coñecémolo ben en Carballo polos seus monólogos. Nesta ocasión ofreceranos unha proposta diferente, dirixida ao público familiar. O espectáculo "Ra, Ra, Ra" vai directo ao corazón das e dos espectadores. Unha obra divertida, da man dos actores Víctor Mosqueira e Toni Salgado e as actrices Beatriz Méndez e Carla Capeáns, na que as rans descubrirán que a noite non é tan escura. O prezo: 3€ , 2€ o prezo reducido.
TODA A FINDE
Exposición fotográfica Os Potiños
Exposición fotográfica Os Potiños. A Asociación Fotográfica Os Potiños, do Carballiño, ten xa ao lombo 30 anos de traxectoria. Nesta mostra do seu traballo poderemos ver dende retratos, até paisaxes; dende fotografías máis costumistas até outras máis persoal; dende a cámara analóxica até a dixital. Poderedes visitala, de luns a domingo, de seis a nove da tarde, na planta -1 do Pazo da Cultura. De balde.