Quen marca os límites?
Chegaron a ser deportistas de alto nivel malia as súas dificultades físicas. O xoves, 12 de marzo, ás sete da tarde, explican as súas experiencias de vida no Fórum de Carballo.
Son todos eles exemplos a seguir, a mellor mostra de que as peores barreiras, as máis difíciles de derrubar, están nas nosas cabezas. O xoves, 12 de marzo, o ciclo de conferencias inFórum15 celebrará a súa segunda sesión con catro deportistas que non se deixaron limitar polas súas dificultades físicas. Estará con nós, no edificio Fórum, o piloto andorrano Albert Llovera, tras terse convertido nesta edición do Dakar, Manuel Ríos, Martín Varela e Manuel Cantelar.
Albert Llovera era xa unha promesa do deporte antes de que un accidente o deixara nunha cadeira de rodas. Con 17 anos, xa destacaba no mundo do esquí e mesmo competira nos Xogos Olímpicos de Inverno. No palmarés figuran sete campionatos do Mundo, oito campionatos de España en terra, e tres participacións no Dakar, a última este mesmo ano, no que acadou na 41º posición e foi 8º en buggys. Colaborou coa NASA no deseño de varios dispositivos de adaptación para a condución.
Dende Sigüeiro, Manuel Ríos tamén nos traerá a súa experiencia de superación. Naceu sen mans e sen pernas, e con problemas importantes na columna. Mais iso non lle impediu formarse en administración e informática e competir como copiloto de rallies. Mesmo fixo tres pasadas no cirucito do Jarama en 2013.
O carballés Manuel Cantelar, do club Abencosa Basketmi, competiu durante varios anos na máxima categoría deste deporte e estivo a piques de entrar na selección española de baloncesto, que é unha das máis potentes de Europa. Leva xogando ao baloncesto en cadeira de rodas máis de vinte anos e practica tamén outros deportes como o tenis e o pádel.
No Infórum tamén participará o tenista cormelán Martín Varela. Leva case trece anos competindo, participou en diversos torneos internacionais e está empregándose a fondo para poder facer realidade o seu soño de participar nunha paralimpiada. Dentro de tres semanas, trasladarse a Italia para celebrar o primeiro torneo do ano.