Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo recorda a Angrois

Compartir:

Carballo recorda a Angrois

O mércores, 11, ás sete da tarde, próxectase o documental "Angrois no esquecemento" na Biblioteca Rego da Balsa.

"É moi duro. Á dor que tivemos e temos as vítimas que perderon os seus seres queridos únese a rabia. A rabia de ver como impiden que se saiba a verdade". Quen así fala é Laura del Moral, vítima da traxedia do Alvia descarrilado aquel 24 de xullo de 2013 chegando a Compostela. Ela é unha das moitas testemuñas que conforman o documental "Angrois no esquecemento", que este mércores, 11 de agosto, será proxectado na Biblioteca Rego da Balsa ás sete da tarde.

"Angrois no esquecemento" é unha desas pezas que reconcilian co xornalismo en tempos nos que este parece máis vendido aos intereses de quen ten o poder que pendente dese necesario servizo a unha cidadanía que, por prescripción constitucional, temos dereito á información. Elas, eles, non esquecen. Vítimas, familiares das vítimas, as persoas que voluntariamente axudaron na traxedia, bombeir@s, persoal médico e sanitario... E non esquecen por moito que, dende as institucións, se queira deixar no olvido o acontecido aquela tráxica noite en Compostela. Fanse preguntas, piden responsabilidades, esixen verdade. As súas voces son as verdadeiras protagonistas deste traballo documental.


Reconciliarse co xornalismo

"Estreouse en Cineuropa e agora estano a difundir, mais non é tarefa sinxela para un traballo politicamente incorrecto en época preelectoral."

"Angrois no esquecemento" é o froito do traballo de catro xornalistas, traballadores/as e extraballadores/as da TVG, que están a montar un colectivo audiovisual sen ánimo de lucro que ten neste documental o seu primeiro froito. Estreárono en Cineuropa e agora estano a difundir, mais non é tarefa sinxela para un traballo politicamente incorrecto, que reclama verdades como puños, en época preelectoral. En Carballo, vila que está a amosar nos últimos tempos un gran empuxe audiovisual, teremos a oportundidade non só de velo senón de coñecer á equipa que o fixo posíbel.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica