Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo Interplay, festival internacional

Compartir:

Carballo Interplay, festival internacional

Un total de 144 webseries, moitas delas de América Latina e diversos países europeos, presentáronse á segunda edición do certame

Na pasada edición do Carballo Interplay

Na pasada edición do Carballo Interplay

O Carballo Interplay estréase como festival internacional con case 150 webseries a competición. O certame, que celebrará en abril a súa segunda edición, vén de pechar o prazo de inscripción cun total de 144 webseries. Se, o pasado ano, na súa primeira edición, se limitou ao ámbito estatal, nesta ocasión pasou por alto as fronteiras e océanos. Boa parte das webseries presentadas proceden de América Latina, de países como Brasil, Colombia, México, Arxentina, Perú, Chile ou Venezuela. Mais tamén se achegaron títulos de Norteamérica e de Europa, como é o caso das remitidas dende Estados Unidos, Canadá, Inglaterra, Portugal, Alemaña ou Italia.

Destas 144 pezas, tan só 35 pasarán á selección definitiva e optarán aos oito premios existentes: ás mellores webseries de imaxe real e de animación, ás mellores webseries internacional e en galego, ao mellor guión, aos mellores actor e actriz e o premio do público.

Patrimonio audiovisual

"O proxecto Socheo, que está a recuperar as imaxes audiovisuais que conforman a memoria da Guarda e do Baixo Miño, quere facer agora outro tanto na capital bergantiñana. Os resultados amosasranse no Carballo Interplay"

Lévano experimentando con éxito, tanto que mesmo recibiron un premio de Alfabetización Audiovisual do ministerio de Educación, na Guarda e no Baixo Miño e agora quéreno trasladar a Carballo. O proxecto Socheo, que está a recuperar as imaxes audiovisuais que conforman a memoria da Guarda e do Baixo Miño, quere facer agora outro tanto na capital bergantiñana. Faráo da man de Beli Martínez e con 20 alumnos e alumnas do IES Isidro Parga Pondal, quen se encargarán de sacar adiante a iniciativa ao longo deste mes. Os resultados amosaranse na segunda edición do Carballo Interplay, na xornada do 18 de abril, así como nas redes sociais e o blogue que se crearán para a súa difusión

Venga Monjas, invitados especiais

O ano pasado foron Teresa Sáinz e David Segura, os creadores dunha webserie de referencia como "Malviviendo",  asistentes de luxo do festival, como padriño e madriña do mesmo na súa primeira edición. Nesta ocasión, serán Esteban Navarro e Xavi Daura, do dúo cómico Venga  Monjas, os que desempeñarán o papel de convidados especiais. Son coñecidos polos seus sketches surrealistas, por webseries como "Da Suisa", "Coneix la teva ciutat" ou "La Christmas Palucha", os seus traballos en televisión e as súas colaboracións cos talentos do coñecido como post-humor, dende Miguel Noguera a cineastas como Carlos Vermut, Isaki Lacuesta ou Nacho Vigalongo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica