Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Fotografía a concurso

Compartir:

Fotografía a concurso

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís convoca a apaixonad@s da imaxe de todo o Estado. Tes até o 10 de marzo para entregar as túas obras.

"Blue Nets", accésit el año pasado

É un dos certames con máis tradición do noso concello. O pasado ano participaron máis de 200 fotografías de todo o Estado, dun total de 87 apaixonad@s da fotogafía. O concurso fotográfico Xosé Manuel Eirís reparte este ano 1850 euros en premio. O prazo de entrega das obras remata o 10 de marzo.

Na edición de 2014 predominou a elegancia e a sutileza entre as imaxes premiadas, que podes consultar nesta ligazón. Chegaron de puntos tan dispares como Cuenca, Barcelona e Valencia e, cunha estética coidada, deitaban toda unha reflexión visual ao redor de aspectos como o paso do tempo, a vellez e o trascurso da vida.

As obras presentaranse en branco e negro ou cor, nun formato comprendido entre 25x35 como mínimo e 40x50 como máximo, debendo ir montadas sobre cartón pluma ou soporte similar do mesmo tamaño que a fotografía. O primeiro premio será de 700 € e diploma, e o segundo de 450 € e tamén diploma. O Premio Especial Carballo, dotado con 450€ e diploma, recompensará  á mellor fotografía que faga referencia directa ao noso concello. Ademais, o xurado poderá conceder varioa accésits.

Até o 10 de marzo

"Na edición de 2014 predominou a elegancia e a sutileza entre as imaxes premiadas. Chegaron de puntos tan dispares como Cuenca, Barcelona e Valencia"


As obras entregaranse en sobre pechado e estarán asinadas cun pseudónimo. Pola parte traseira do soporte fotográfico figurará o pseudónimo e o título da obra, e pegarase un sobre pechado que conteña no exterior o nome da fotografía e o pseudónimo e no seu interior fotocopia do DNI e unha solicitude de participación. Poderán entregarse no Rexistro do Concello de Carballo ou no rexistro auxiliar do Pazo da Cultura. O Concello adoita expor unha selección das obras participantes no prazo de catro meses dende a data de fallo do xurado. Máis info na Concellaría de Cultura do Pazo da Cultura (981 704 300) e nas bases adxuntas.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica