Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Primavera mirando ao mar

Compartir:

Primavera mirando ao mar

Un roteiro sendeirista, unha visita ornitolóxica e un safari fotográfico, para descubrir neste mes de marzo a beleza do noso litoral.

Ao longo deste primeiro semestre do ano estase a desenvolver un completo programa, "Carballo mirando ao mar", que inclúe actividades formativas, culturais e creativas co fin de descubrir a beleza do noso litoral. Ao longo deste mes de marzo terá lugar un roteiro sendeirista polo espazo natural Razo-Baldaio, un roteiro ornitolóxico para descubrir a gran variedade de aves que habitan na lagoa e nas marismas de Baldaio, e un safari fotográfico tamén polo noso litoral. As tres actividades, de balde.

Safari fotográfico

O safari fotográfico terá lugar o sábado 14 de marzo, de tres a sete da tarde.  A ruta fotográfica percorrerá diferentes lugares de interese natural e paisaxístico do litoral carballés. Poden participar todas aquelas persoas que o desexen, dende fotógraf@s afeccionad@s até profesionais. Os únicos requisitos, ser maior de idade e contar cunha cámara reflex ou similar. O concello poñerá a disposición das persoas que participen un autobús, que sairá do Museo de Bergantiños o día da actividade ás 14.30 horas.

A data de inscrición remata o 13 de marzo. Para anotarse, cómpre cubrir a ficha de inscrición adxunta e entregala no Museo de Bergantiños  (Rúa Martín Herrera, 8) ou enviada ao enderezo electrónico museo@carballo.org. Tamén se pode chamar ao teléfono do Museo 981 702077. Coas fotografías resultantes, está previsto facer unha exposición.

De ruta

O roteiro de sendeirismo terá lugar o domingo, 8 de marzo, pola mañá. O itinerario irá dende Razo até Baldaio, co fin de dar a coñecer a nosa costa. O número de prazas está limitado a 54. O último día para inscribirse é o venres, 6 de marzo. O punto de quedada será o Horto Infantil, dende onde sairá un bus con dirección á nosa costa ás 9,15 da mañá.

O roteiro ornitolóxico desenvolverase o domingo, 15 de marzo, pola mañá. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o venres anterior.  Ao igual que no caso anterior, un bus partirá do mesmo punto, o Horto Infantil, ás 9.15 da mañá. As inscricións deberán facerse no Museo de Bergantiños, ben entregando a ficha adxunto en persoa ou por correo electrónico, ou chamando ao 981702077. O horario do Museo é de martes a venres de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas, e de 11. a 14.00 horas sábados e domingos.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica