Carballo a un paso

Inicio // Artigos // TEDxGalicia, este ano en Carballo

Compartir:

TEDxGalicia, este ano en Carballo

O TEDxGalicia celebrarase este venres pola tarde en Carballo, no Pazo da Cultura. O aforo xa está completo.

"Se queres que algo pase, fai que pase". Con esta filosofía decorrerá o TEDxGalicia, que este ano se celebrará en Carballo. Será o venres, 23 de xaneiro, e reunirá a unha decena de conferenciantes que comparten un común denominador: ser persoas correntes cunha historia extraordinaria que contar, como a de Ana Corredoira, granxeira con 24 anos, ou Iñaki Quenerapú que, xunto cuns colegas, conseguíu aquilo que se propuxeron: ver desfilar na Praza do Obradoiro a varios centos de persoas de diversos puntos e Europa caracterizados como os personaxes da Guerra das Galaxias.

As TEDx son, dalgún modo, fillas das coñecidas conferencias TED, con sona internacional. Coa intención de expander aquelas ideas que merecen ser difundidas, levan xa dúas década congregando a referentes polo seu pensamento ou as súas iniciativas punteiras nas máis diversas áreas, dende un Bill Gates, até unha Jane Goodall ou unha Isabel Allende. En 2009, naceron as TEDx, eventos organizados de maneira independente e a nivel local que toman como modelo as conferencias TED. En Galicia comezaron a organizarse un ano máis tarde, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela. Cinco anos máis tarde, Carballo toma o relevo. Este venres, farase eco do pensamento emprendedor ao redor do lema "Faino ti". Terá lugar no Pazo da Cultura, de catro a oito da tarde.


Historias extraordinarias en vidas comúns

"O movemento cultural e asociativo carballés animou á organización a traer o TEDXGalicia á capital bergantiñá. Porque, como nos dixeron, "Carballo tamén ten algo que contar".

Serán, en total, dez charlas, que abondarán sobre as responsabilidades individuais á hora de procurar cambios ou conseguir aquilo que queremos. Entre as persoas ás que se lle dará voz, teremos á artista carballesa Milagros Cotelo, modelo de superación e un exemplo á hora de facerlle fronte á discapacidade mediante o desprego do talento creativo. Entre o resto de conferenciantes, persoas de ámbitos diversos e moi diferentes entre si, dende a divulgadora musical Lucía Santiago, a coach Blanca Olivié ou o xestor de ONG, Pedro Giménez, até a granxeira Ana Corredoira, o analista de datos, Iván Gómez, ou o empresario Jorge Cebreiros.

Tamén falarán María Castro, a iniciadora de Xuntos Podemos, unha campaña de acción a favor das persoas sen emprego e en risco de exclusión social; os deseñadores de produto, Enrique e Marcos Saavedra, o iniciador social Iñaki Quenerapú, e tamén Fernando Sánchez Salinero.

Non é a primeira vez que Carballo dá conta da súa aposta polo emprendemento. A finais de outubro celebrouse na vila o congreso de innovación "Cos pés na terra" e a Lacon Network, un evento que, periodicamente, congrega a emprendedoras e empredores do ámbito das novas tecnoloxías nun punto de Galicia. Precisamente o seu movemento cultural e asociativo animou foi un dos factores que animou á organización a traer o TEDXGalicia á capital bergantiñá. Porque, nas súas verbas, "Carballo tamén ten algo que contar".


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica