Carballo a un paso

Inicio // Artigos // AXENDA DA FINDE

Compartir:

AXENDA DA FINDE

Esta finde volve a axenda de teatro a Carballo. A compañía ceense Talía representa "Demolición", dirixida por Cándido Pazó.

VENRES

Escea de

Escea de "Demolición"

Charla sobre trastornos relacionados ao autismo.  Fórum. 19.30h. Ao longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo, Carballo acolle un ciclo de series e obradoiros sobre os trastornos asociados ao autismo. O venres, 16 de xaneiro, achegaranse á vila bergantiñá Montserrat Durán Bouza, profesora titular de Personalidade, evaluación e Tratamentos Psicolóxicos,  e Juan Carlos Fernández Méndez, psicólogo do gabinete Cambio e profesor Asociado da Universidade de Coruña). Abondarán no control de comportamento e na socialización no contexto familiar. Máis info aquí.

Teatro. "Demolición", da compañía Talía. Pazo da Cultura. 21.00h. A compañía ceense Talía Teatro trae aos escenarios carballeses a obra "Demolición", baixo a dirección de Cándido Pazó, recentemente galardoado co Premio da Cultura Galega de Artes Escénicas. A obra, á que a compañía cualifica de comidrama parte do encontro entre dous homes que, en principio, non semellan ter nada en común. Máis info aquí.

SÁBADO

A asociación ambiental Senda Nova dedicará a tarde do sábado á lembranza e recuperación dos xogos de toda a vida.

Concerto de Kepa Junquera en Fisterra. Á medianoite. De balde.  A cita que propomos para o sábado non será en Carballo senón nun dos máis coñecidos concellos da Costa da Morte, Fisterra. O bilbaíno Kepa Junquera, o coñecido investigador e intérprete da música tradicional vasca, actuará no Boulevard Fisterra para presentar o seu último traballo. Máis info aquí.

DOMINGO

Tarde de xogo tradicionais no Colexio San Luís Romero. 16.00h. A asociación ambiental Senda Nova dedicará a tarde do sábado á lembranza e recuperación dos xogos de toda a vida. Poderán asistir todas aquelas persoas con ganas de xogar, ver ou aprender, e de maneira especial os cativiños e cativiñas.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica