Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Axenda da finde

Compartir:

Axenda da finde

Esta finde teremos blues na Sala A Reserva, con The Blues Wolf, e as tendas abertas en domingo de feira para aproveitar as rebaixas.

SÁBADO

Liga de inverno de salvamento e socorrismo.  Piscina municipal de Carballo (r/ Carballo Calero). Será a cuarta xornada da Liga de Inverno, e nela participarán as categorías infantil, cadete, xuvenil, junior e senior.  A xornada comeza ás 10 da mañá e retómase ás 16.30 h. Organizan a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo e o club Sysca.

Obradoiro para pais e nais de nen@s con transtornos do espectro do autismo. Será o primeiro dos obradoiros prácticosque a Asociación Aloumiños organizará coa Universidade da Coruña na Biblioteca do Rego da Balsa. Continuarán os sábados 17, 24 e 31 de xaneiro, o 14 e o 21 de febreiro, e o 7, 14, 21 e 28 de marzo. Máis info en na web da asociación. A iniciativa forma parte dun programa máis amplo no que tamén se inclúen charlas a cargado de persoas expertas os venres no Fórum de Carballo. A entrada ás charlas é libre. Para apuntarse nos obradoiros, é preciso terse inscrito antes do 9 de xaneiro.

Concerto. The Blues Wolf. 23.30h. Será noite de Blues na Sala A Reserva, onde o sábado pola noite teremos oportunidade de ver a esta banda creada ao redor do músico Luiz dos Odé, que gusta de fusionar ritmos folclóricos de Brasil e do mundo. O prezo, 4 euros. Máis info aquí.

DOMINGO

Feira. Será a primeira feira do ano en Carballo. Os domingos de feira son un momento idóneo para pasear pola vila, pois, ademais da feira, hai mercadiño no barrio da Milagrosa, e están abertos os postos do mercado e o resto das tendas de Carballo, onde xa poderás mercar con rebaixas. Para repoñer forzas, nada mellor que un viño e unha tapiña de callos, típico dos domingos de feira na vila.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica