Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Por parroquias // Rus

Compartir:

Rus

Rus

Ruta das Férvedas

Extensión: 28,35 km²
Poboación: 1120 habitantes


Cos seus 28 quilómetros cadrados e os seus corenta núcleos de poboación, Rus é a parroquia máis extensa do concello de Carballo.

Igrexa parroquial de Rus

Igrexa parroquial de Rus

A súa igrexa parroquial érguese con fachenda sobre un terreo elevado. É a máis ampla do concello e a pegada máis importante do barroco na nosa contorna. Levou máis de douscentos anos construíla e nela participaron importantes mestres de obra e arquitectos da época.

Supuxo grande investimento de tempo e diñeiro, o que foi posible grazas á iniciativa dos monxes de San Martiño Pinario, en Compostela, de quen dependían estas terras.

Non lonxe da igrexa de Santa María está a capela de Santa Eufemia, xunto a unha área recreativa. Disque a capela foi construída por iniciativa dun cura, que quixo así agradecer ter escapado dos carlistas.

Preto encontrarás a férveda de Rus, que salta tamén sobre a falla no terreo provocada pola Depresión Meridiana, importante depresión que cruza Galicia de norte e sur e que divide a parroquia de Rus na Alta e na Baixa. Fíxate, no lugar de Casal de Perros, nunha ampla casa de pedra con escudo, un  exemplo da cultura medieval dos pazos.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader