Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A Axenda da Finde

Compartir:

A Axenda da Finde

Para o público infantil, teremos teatro e música de balde, con Sarabela e co grupo Tic Toc. Para amantes da arte, Mercarte. Para quen guste do rock do país, concerto de Machina. E moito máis...

VENRES

Sarabela Teatro

Sarabela Teatro

Teatro familiar. Sarabela Teatro presenta O último dragón. Pazo da Cultura. 18.00h. Personaxes heroicos, seres fantásticos, nen@s valentes, acción e moitas sorpresas ao redor dunha historia de convivencia e do poder enriquecedor da cultura. O prezo das entradas é de 3€ , con prezo reducido a 2€ para menores de 12 anos e maiores de 65.

SÁBADO

Concerto. Pablo Díaz presenta Toc Toc. Pazo da Cultura. 18.00h.  O grupo de Pablo Díaz, que vén de recibir o Premio Martín Códax ao mellor grupo de música infantil, visítanos co espectáculo Toc Toc. É o segundo traballo músico-literario de Pablo Díaz e viu a luz a través da editorial Galaxia no ano 2013.

Concerto de Machina. Sala A Reserva. A partir das 9.15.
MaCHiNa despide na sala A Reserva a xira de presentación de "A síndrome de Nerón" e, para celebralo, gárdannos varias sorpresas, entre elas, artistas convidados, a colaboración de DJ's coma @supracan selecta e Ihamzero Noises e temas en acústico. Só 120 persoas poderán gozar deste deste evento. Podedes mercar as entradas en Carballo de maneira anticipada, ao longo do venres, e ao prezo de 5 euros, en Carballo na Sala A Reserva e Taberna O Patacon), Malpica (Bar Submarino), Cerceda (A Taberna e Mestura Bar) e en http://www.ticketea.com/machina-sala-reserva/ En billeteira, o prezo será de 8 euros. Entrevista co grupo nesta ligazón de Compás da Costa.

DOMINGO

Feira. Toda a mañá. Será a última do ano en Carballo e non só o campo da feira e o mercado do barrio da Milagrosa estarán a rebordar de xente a facer as compras de Nadal, senón tamén a ampla pequena rede de comercio carballés que terá as súas portas abertas. Non faltará nin o Apalpador, que visitará os comercios do barrio da Milagrosa.

Ruta solidaria a beneficio de Axuda en Acción.
Será unha ruta sorpresa, porque dela nada máis saberemos, até o propio domingo, que a súa lonxitude (9 km.) e cando terá lugar (o domingo pola mañá). Os beneficios desta iniciativa, organizada pola asociación ambiental Senda Nova, destinaranse, a prol da infancia, á ONG Axuda en Acción. O venres é o último día para inscribirse. Pola mañá, en Protección Civil. Pola tarde, no Horto Ecolóxico.

Notiñas de Nadal coa A.C. Arume de Berdillo. Adro da Igrexa de S. Xoán Bautista. 20.30h. No programa de Nadal poderemos desfrutar tamén de canciósn tradicionais de nadal, coa actividade "Noitiñas de Nadal"  que estará realizada pola asociación Arume de Berdillo

TODA A FINDE

Mercarte. Mercado de artistas e artesáns/ás da zona. Praza de Abastos. Por segundo ano consecutivo, o mercado de abastos de Carballo acollerá, no Nadal, non só boas propostas para o padal senón tamén para a mente e o espíritu.

Alí terá lugar o Mercarte, a mostra de artistas, artesáns e artesás de Bergantiños que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de decembro. Ademais da exposición dos traballos das e dos nosos creadores, organizaranse obradoiros para peques e persoas adultas.

O Mercarte está organización pola Asociación Cultural CreaFormas e conta coa colaboración do Concello de Carballo. Inaugurarase o venres ás 20.30 da tarde e  estará aberta, o resto dos días, de 11 a 14.00h, e de 17.30 a 21.30.h.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica