Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Nadal Cultural: axenda de ocio paras as festas

Compartir:

Nadal Cultural: axenda de ocio paras as festas

Velaquí van varias propostas para gozar do Nadal en Carballo.

Nadal pequestacular

Representación de

Representación de "O último dragón" de Sarabela

Este Nadal non só o Apalpador e os Reis Magos nos virán visitar. Algún dos nomes máis relevantes do teatro e da música infantil traerán os seus espectáculos a Carballo para compracer ás e aos máis peques, e tamén a quen non o sexa tanto se quixer. Será na programación do Nadal Pequespectacular. As entradas, a 3 euros (2 con prezo reducido para menores de 12 anos e para maiores de 65).

Sarabela, unha das compañías dramáticas galegas máis recoñecidas, traerá á nosa vila o seu espectáculo "O último dragón", que combina acción e sorpresas nunha historia de convivencia  que aborda o poder enriquecedor da cultura. Será o día 26, no Pazo e ás seis da tarde, a hora á que terán lugar todos os espectáculos.

Tamén por Carballo, e ao día seguinte, se pasará Pablo Díaz, que vén de recibir o Premio Martín Códax ao mellor espectáculo de música infantil. Farao co seu espectáculo "Tic-Toc", que combinan rock, pop, soul e folk. O luns 29 será a vez do mago Pedro Volta e do seu espectáculo Ilusionarte. E o martes 30, a compañía Tartana representará o espectáculo de títeres "El guardián de los cuentos"

Mercarte

Por segundo ano consecutivo, o mercado de abastos de Carballo acollerá, no Nadal, non só boas propostas para o padal senón tamén para a mente e o espíritu. Alí terá lugar o Mercarte, a mostra de artistas, artesáns e artesás de Bergantiños que se celebrará os días 26, 27, 28 e 29 de decembro.

Ademais da exposición dos traballos das e dos nosos creadores, organizaranse obradoiros para peques e persoas adultas. O Mercarte está organización pola Asociación Cultural CreaFormas e conta coa colaboración do Concello de Carballo.

O itinerario do Apalpador e dos Reis

Cabalgata de Reis en Carballo en 2013

Cabalgata de Reis en Carballo en 2013

A axenda do Apalpador e mais dos Reis Magos será intensa. O domingo 28, o Apalpador aproitará para visitar o barrio da Milagrosa e andar polos seus comercios e mais pola feira. O día 4 de xaneiro haberá cabalgata de Reis en Ardaña e o luns, 5 a comitiva real visitará Carballo, e tamén as parroquias de Baldaio, Berdillo, Bértoa, Sísamo, Oza e Entrecruces. O martes 6, as cabalgatas chegarán a Razo, Lema, Cances e Sofán.

As excusas non faltarán para reunirse e pasalo ben. Como na chocolatada que terá lugar o martes 30, as sete da tarde, na Ludoteca municipal, ou o baile de fin de ano no Casino de Carballo odía 31 e o Festival de Reis para a Terceira Idade, co Dúo de Festa, que se celebrará no Pazo da Cultura, ás seis da tarde.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica