Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Novembro con música

Compartir:

Novembro con música

Rock, beatbox, música tradicional, bandas, corais, mesmo cancións de berce... A chuvia de novembro en Carballo soa a música.

Outubro foi mes de teatro en Carballo e novembro estao a ser de música. Trala resaca da intensa oferta do Festival Internacional Outono de Teatro, a programación cultural do concello está a ser protagonizada estas semanas por ritmos do máis diversos: dende o folk até a música clásica, dende os coros até as bandas, dende o beatbox até o indie rock, ou mesmo as cancións de berce.

Será esta unha boa oportunidade para coñecer o abano de formacións musicais da zona. O sábado 15, o concerto Sons de Aquí reúne no Pazo da Cultura diversas bandas de gaitas e cantareiras da zona, entre ellas a senlleira asociación Arume, de Verdillo, a asociación cultural Nemeth ou a asociación cultural Argazo.
A música coral tamén ocupará un lugar destacado. O sábado 22, haberá concerto na honra da patroa da música, Santa Cecilia, co Coro de Voces Brancas de Carballo, a coral polifónica e xuvenil Agarimo de Sillobre ou a Coral Polifónica de Bergantiños. Á semana seguinte, o venres, terá lugar o Festival de Corais, coa Aires de Bergantiños e a Polifónica de Bergantiños.

Mais a cousa non rematará aquí.Quen tire máis polo rock terá, o venres 21, a Fernando Viciconte. Quen queira aprender a facer música coa boca terá de man a Carlos Gende “Xenderal” o mércores 3 de decembro, no obradoiro que impartirá na Biblioteca do Rego da Balsa. Se tes curiosidade por aprender cancións de berce en galego, Xabier Díaz impartirá obradoiro de nanas de cinco a sete da tarde, o mércores 19 e o mércores 26. E, se vives entre cativ@s, igual che pode interesar o espectáculo músical, “Animundis”, dirixido ao público familiar.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica